CULTURA
Bengala Producións converte unha ópera de Stravinsky nunha enxeñosa obra de teatro para rapaces
Historia do soldado, de Igor Stravinsky, con texto de Charles-Ferdinand Ramuz, é o segundo espectáculo de Bengala Producións dentro do proxecto Ópera en Familia, iniciado en 2006 coa ópera Bastián e Bastiana. Agora chega ao Teatro Principal, con dúas representacións: os venres 9 ás 20:00 e o sábado 10 ás 18:30 horas.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo apela á posta en valor do concepto de terceira idade e á súa participación activa na sociedade
O Palacio de Congresos e Exposicións acolle entre o mércores 7 e o xoves 8 de maio o X Congreso Nacional e XXI de Galicia de Aulas de Terceira idade, organizados respectivamente pola Confederación Española de Aulas da Terceira Idade e pola Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos.
EDUCACIÓN
Un paseo matemático por Compostela
Co motivo da celebración o 12 de maio do Día Escolar das Matemáticas, a Concellería de Educación e a Asociación Galega de Profesores de Educación matemática (AGAPEMA) organizan un "Paseo matemático guiado pola cidade de Compostela". O paseo realizarse o xoves 8 de maio, ás 18:00 horas.
MEDIO AMBIENTE
Medio Ambiente pon en marcha un programa de visitas á estación potabilizadora de Santiago
A concelleira do Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, presentou o programa de visitas guiadas á potabilizadora da cidade. Na presentación estivo acompañada de Ana Tejeiro, xerente da zona centro de Galicia da empresa Aquagest, encargada de xestionar a rede de abastecemento de Santiago.
CULTURA
A terceira edición do festival "Vía Stellae" traerá 48 concertos a Compostela
O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, e e concelleiro de Cultura, Néstor Rego a terceira edición do Vía Stellae, o Festival de Música de Compostela e os seus Camiños". Desenvolverase entre o 4 e o 23 de xullo.
EMPREGO
O 57% dos usuarios do Proxecto Crear IV está a traballar
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou os resultados do Proxecto Crear IV, que comezou en xuño do 2007 e rematou o 30 de abril do 2008. 114 dos 200 usuarios do programa están traballando neste momento, o que representa un 57% do total de participantes.
ALCALDÍA
Qu Fu quere crear en Santiago un instituto para o ensinanza do chinés
Unha delegación da cidade chinesa de Qu Fu foi recibida en Raxoi polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. Na reunión, o rexedor da cidade asiática, Liu Sen, propuxo a creación en Santiago dun Instituto Confucio, para impulsar a ensinanza do chinés e o fomento da cultura deste país.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
O Concello promove o uso do galego entre os máis novos no mes das Letras
A Concellería de Normalización Lingüística pon en marcha a campaña Maio das Letras, co obxectivo de promover o uso do galego entre os máis novos. Aprovéitase así o mes no que se celebra o Día das Letras Galegas, o 17 de maio, este 2008 dedicado ao escritor, arqueólogo, investigador e editor Xosé María Álvarez Blázquez (Tui, 1915-Vigo, 1985).
TURISMO
Máis de 600 traballos inscritos xa no concurso internacional de "Curtocircuíto 2008"
Presentouse o V Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago, Curtocircuíto. Esta edición nace coa intención de revalidar o éxito de participación e público de 2007, que converteron ao festival compostelán nun evento de referencia entre os que se celebran en España no seu ámbito.
REHABILITACIÓN
Apróbase unha nova convocatoria de axudas para a rehabilitación de elementos especiais de madeira
O Goberno local deu o visto bo á convocatoria 2008 de axudas para a rehabilitación de elementos especiais de madeira dos inmobles da cidade histórica, concedidas polo Consorcio de Santiago. Esta entidade destinará 275.000 euros ao programa.