CENTROS SOCIOCULTURAIS
Aberta a Semana Cultural de Conxo
A Semana Cultural de Conxo alcanza xa a súa edición número 27. Ata o 15 de setembro, o barrio acollerá exposicións, cine ao aire libre, xogos, obradoiros, deporte, teatro, baile, animación á lectura, itinerarios pola cidade e ata a presentación dun libro.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
"Cultura Viva. Fai túa Compostela" convida os veciños e veciñas a coñecer o rico patrimonio da cidade e das súas parroquias
A Concellería de Centros Socioculturais e de Participación Cidadá pon en marcha un dos proxectos máis relevantes previstos para este novo curso 2012-2012: Cultura Viva. Fai a túa Compostela. Trátase dunha serie de roteiros didácticos ao longo da cidade e das parroquias e con distintos fíos condutores.
EMPREGO
Concello e Cámara apostan polo emprendemento como instrumento de creación de emprego e de tecido empresarial
A concelleira de Emprego, Paula Prado visitou o Viveiro de Empresas que a Cámara de Comercio de Santiago ten no polígono da Costa Vella. Dezaseis empresas están na actualidade neste viveiro, que fomenta unha cultura, a do emprendemento, que se presenta como una das mellores alternativas para a saída da crise económica.
MEDIO RURAL
Iníciase a primeira fase de desbroces en estradas do rural e pistas forestais
Vén de asinarse o contrato que permitirá o inicio dos traballos de desbroce nas estradas nas cunetas das pistas asfaltadas das parroquias de Santiago e nas pistas forestais. Así o anunciou en rolda de prensa o concelleiro de Medio Rural, Luis Bello, quen explicou que se trata dunha primeira fase, na que se inclúen a slimpezas de masas comúns.
DEPORTES
O concelleiro de Deportes recibiu o novo récord Guinnes de resistencia cunha bicicleta adaptada
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, recibiu na praza do Obradoiro o ciclista valenciano Francisco Domingo, tras lograr o récord Guinness de resistencia cunha bicicleta adaptada, ao conseguir realizar 6.135 quilómetros en 58 días. Este deportista converteuse ademais na persoa con discapacidade física que ten realizado o Camiño coa maior distancia percorrida.
COMERCIO
O Concello de Santiago elaborará un censo de locais comerciais baleiros
A Concellería de Comercio, dirixida por Reyes Leis, elaborará un censo de locais comerciais baleiros en Santiago co obxectivo de facilitar a implantación de proxectos comerciais na cidade. O censo comercial publicarase posteriormente na páxina web municipal para que todos os emprendedores e comerciantes podan consultar información sobre posibles localizacións dos seus proxectos.
FESTAS
Exitosa primeira edición do encontro de corais "Compostela Canta"
Ao igual que sucedera na primeira xornada, o público volveu encher o principal para asistir á segunda entrega do I Encontro de Corais Compostela Canta.
ALCALDÍA
O alcalde participou en Belvís nos actos en honor da Virxe do Portal
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu en Belvís aos actos con motivo da festividade da Virxe do Portal.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E FESTAS
Noite de cine galego e corais
A proxección do filme Vilamor, de Ignacio Vilar, no marco do programa Redecinema, converteu a praza da Quintana nunha gran sala de cine ao aire libre. Antes, as corais foran as protagonistas no Teatro Principal da primeira xornada do certame Compostela Canta.
ECONOMÍA
O Concello de Santiago e a AJE Galicia estreitan lazos de colaboración
A concelleira de Economía e Comercio, Reyes Leis, mantivo unha xuntanza co presidente da Federación Galega de Xóvenes Empresarios (AJE Galicia), Daniel Ramos, e co seu xerente, Guillermo Gonzalo Nieto, aos que lle trasladou o "apoio total" da Corporación municipal compostelá ás iniciativas da entidade.