DEPORTES
As seleccións de baloncesto feminino de España e Cuba enfróntanse en Sar
O concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, presentou en rolda de prensa o partido internacional que enfrontará ás seleccións de baloncesto feminino de Cuba e España. O partido celebrarase o domingo 17 de maio, ás 18:00 horas, no Multiúsos Fontes do Sar.
TURISMO
"Santiago(é)Tapas 09" aspira a superar as preto de 20.000 tapas consumidas na primeira edición
O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou a segunda edición do concurso de tapas de Santiago de Compostela, Santiago(é)Tapas, que se desenvolverá entre o 25 de xuño e o 12 de xullo. O concelleiro estivo acompañado polo presidente da Asociación Hostalería Compostela, Jesús Sordo, a responsable de comunicación de Estrella Galicia, Cecilia Babarro, e a subdirectora comercial de El Correo Gallego, Palmira Rodríguez.
XUNTA DE GOBERNO
Listas para o seu comezo as últimas nove obras do FIL
Coa adxudicación definitiva das últimas nove obras financiadas polo Fondo de Investimento Local (FIL), segue a executarse segundo o previsto o programa de execución das 33 obras. Precisamente o martes 12 comezarán seis obras e todas estarán en marcha o 28 de maio.
ALCALDÍA
O alcalde reestrutura as áreas de Goberno para "mellorar a súa eficacia e dar un novo impulso cara o Xacobeo 2010"
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou unha reestruturación de varias áreas de Goberno, de tal xeito que varias concellerías cambias de titular e mesmo de denominación para "facelas máis compatibles e coherentes unhas con outras. Este cambio, segundo o alcalde, responde á un desexo de "mellorar a eficacia e de dar un novo impulso cara o Xacobeo e cara a segunda parte do mandato".
MEDIO AMBIENTE
O 20 de maio remata o prazo para solicitar as axudas para a prevención de incendios e fomento das plantacións forestais
A Xunta de Goberno aprobou a data de remate do prazo para a solicitude de subvención que a Concellaría do Medio Ambiente, destinadas a fomentar as plantacións forestais e as rozas e talas co fin de previr incendios forestais. As cantidades destinadas para estas dúas liñas de axudas ascenden a 8.000 e 7.000 euros, respectivamente, e terán que ser solicitadas antes do día 20 de maio.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo: "Os tres aparcadoiros creados no Ensanche compensan as prazas que se perderon en superficie"
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, indicou en rolda de prensa que "o Concello está a facer un enorme esforzo en regularizar o aparcadoiro". Neste sentido, sobre a perda de prazas en superficie, apuntou que "cando fixemos os estacionamentos e Romero Donallo, Praza Roxa e A Rosa, anticipámonos ao proceso de urbanización; estes tres aparcadoiros compensan sobradamente as prazas perdidas en superficie".
ALCALDÍA
O novo presidente de AENA maniféstalle ao alcalde o seu desexo de comezar inmediatamente as obras da nova terminal
A Sala do Contencioso da Audiencia Nacional desestimou o recurso de súplica presentado polo Aeroclub contra o desaloxo das súas instalacións. En virtude desta decisión xudicial, o Ministerio de Defensa concedeu un prazo de 7 días hábiles á entidade para que deixe a súa ocupación actual.
EMPREGO
Nove cursos formarán a 130 persoas en especialidades da construción
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou os cursos de Formación Ocupacional que lle acaba de conceder a Consellería de Traballo ao Concello de Santiago. Son cinco: Electricista de Edificios, Instalador de sistemas de enerxías solar térmica, Fontanería, Ferrallista, e Instalador de gas.
EDUCACIÓN
Maio das Letras continúa con monicreques para os pequenos
Dende o martes 12 de maio e ata o xoves 14, os máis pequenos poderán gozar con varias representacións de monicreques, dentro das actividades organizadas pola Concellaría de Normalización Lingüística, dentro do programa Maio das Letras 2009.
ALCALDÍA
Zeca Afonso dá nome a un parque do Burgo das Nacións no 37 aniversario da súa actuación na cidade
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu os actos con motivo da inauguración do Parque José "Zeca" Afonso, nos que tamén participou a viuva do cantautor luso, Zélia. José Afonso da nome a un espazo da cidade 37 anos despois da súa actuación no Burgo das Nacións.