XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local aproba o proxecto de rehabilitación de firmes que inclúe dez rúas da cidade
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o proxecto técnico de "Rehabilitación de firmes de vías urbanas 2022", que conta cun orzamento, IVE engadido, 458.811,10 euros, e un prazo de execución de catro meses.
TURISMO
As asociacións de hostalaría apoian a implantación da taxa turística e a regulación das vivendas de uso turístico
O concelleiro Sindo Guinarte analizou co sector a situación do turismo en Santiago, así como as liñas de traballo que se están a desenvolver dende a concellaría de Turismo.
XUNTA DE GOBERNO
O Pleno dá luz verde á segunda exposición pública da modificación do PXOM sobre a regulación de usos
Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada este luns, a Corporación municipal aprobou unha nova apertura da información pública da modificación puntual do título III do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM), cuxo obxectivo é preservar a función residencial da cidade, e, ao mesmo tempo, garantir a dotación daqueles usos e actividades complementarias que proporcionan servizo á poboación residente. Tamén se aprobou o Plan de Acción Local para a Axenda Urbana 2030 de Santiago e se fixaron o...
MEDIO AMBIENTE
O Polígono da Sionlla acolle a primeira das plantacións para repoboar de especies autóctonas o bosque urbano "Berce do Sar"
No marco da campaña "1 voto, 1 árbore" coa que se pretende incorporar 100.000 novas árbores en Santiago de aquí ao 2030, esta mañá levouse a cabo a plantación de 400 novas especies autóctonas no bosque "Berce do Sar" co obxectivo de recuperar a masa arbórea da zona e favorecer así a biodiversidade. O acto, iniciativa do Concello de Santiago en colaboración coa aseguradora MAPFRE, contou coa presenza do alcalde Xosé Sánchez Bugallo, e o presidente de MAPFRE, Antonio Huertas, que a...
FESTAS
Aberto desde mañá o prazo de solicitude de subvencións para festas patronais
A partir de mañá e durante o prazo dun mes, os barrios e parroquias da cidade poderán presentar as súas solicitudes á convocatoria de subvencións para festas patronais que disporá este ano dunha partida total de 38.750 euros. Poderán optar a esta axuda todos os eventos festivos celebrados entre o 1 de xaneiro e o 13 de outubro e o importe máximo para cada festa será de 1250 euros.
DEPORTES
O vindeiro 18 de setembro terá lugar a Carreira e Andaina Solidaria ‘Camiñando polo Dano Cerebral’
A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, acompañada polo presidente da Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE), Luciano Fernández, presentou esta mañá esta carreira solidaria que se celebrará o domingo 18 de setembro e transcorrerá pola Alameda e o Campus Sur de Santiago. As persoas interesadas poderán inscribirse ata o 15 de setembro nas modalidades de carreira ou de andaina.
COMERCIO
O Concello asina os convenios de colaboración con tres asociacións comerciais para o financiamento de bonos-aparcadoiro por un total de 99.000 euros
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asinou esta mañá tres convenios por un valor total de 99.000 euros co obxecto de subvencionar a entrega de bonos de aparcadoiro á clientela e dinamizar así o sector. Os acordos subscritos foron coas asociacións comerciais Compostela Monumental, Santiago Centro e Punto Compostela.
ACCIÓN CULTURAL
A V Semana do Patrimonio Invisible pon ao descuberto os espazos máis descoñecidos de Compostela
O Pazo de Raxoi acolleu esta mañá a presentación da V edición da Semana do Patrimonio Invisible (SPI), que se vai desenvolver entre o 12 e o 17 de setembro nunha decena de lugares da cidade normalmente non accesibles para o público xeral. A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón e o director de Trivium, César Abella, foron os encargados de debullar o programa da edición 2022 da SPI.
ACCIÓN CULTURAL
WOS Festival x SON Estrela Galicia traerá de novo a vangarda musical a Santiago de Compostela esta semana
Doce espazos da cidade acollerán actuacións de artistas internacionais como Caterina Barbieri, Huerco S., Holy Other & Pedro Maia, Grand River & Marco Ciceri, Rafael Anton Irisarri & Florence To e mad miran entre outros. Os últimos abonos e últimas entradas de día, así como as de actividades puntuais, están á venda e pódense adquirir a través do portal wosfestival.es.
TURISMO
Aberto o período de inscrición para o XIV Santiago(é)tapas ata o 20 de setembro
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, e o presidente da Asociación Hostalaría Compostela, Thor Rodríguez, animaron esta mañá ao sector hostaleiro da cidade a participar no XIV Santiago(é)Tapas, que se celebrará do 27 de outubro ao 13 de novembro. As bases e a folla de inscrición están dispoñibles na web santiagoetapas.gal.