CENTROS SOCIOCULTURAIS

A campaña "Ler, contar e gozar coas letras" promove a lectura a través de máis de 100 actividades nos centros socioculturais

10/04/2012

O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, presentou a campaña Ler, contar e gozar coas letras, que se desenvolverá de abril a xuño nos centros socioculturais da cidade. Obradoiros, contacontos, recitais poéticos e outras actividades lúdicas e divulgativas compoñen esta proposta dinamizadora de animación á lectura.

Ler máis

CULTURA

"El testigo", con El Brujo, e "Grooming", de Teatro de la Abadía, próximas citas teatrais

10/04/2012

O concelleiro de Cultura, Ángel Currás, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron dúas das citas máis destacadas da programación de Teatro&Danza para este ano: El testigo e Grooming. Rafael Álvarez "El Brujo" protagoniza este venres 13, ás 21:00 horas no Auditorio, El testigo, adaptación teatral da obra de Fernando Quiñones, sobre a vida de Miguel Pantalón. E o xoves da seguinte semana, 19 de abril, tamén ás 21:00 horas,...

Ler máis

CULTURA

Ars Combinatoria e Germán Díaz protagonizan a segunda xornada do programa musical Semana Santa 2012

04/04/2012

Logo do concerto do coro Vox Stellae na xornada inaugural chega a cita con Ars Combinatoria e Germán Díaz que estarán ás 20:00 e 22:00 horas na xornada do Xoves Santo. Seguimos así co programa musical Semana Santa 2012 que engloba nove concertos que se celebrarán na igrexa da Universidade, agás un que será no Auditorio de Galicia. Celébrase do 4 ao 8 de abril, e presenta unha ampla variedade musical, indo desde a época medieval ata o Barroco con algunha incursión no Romanticismo e no século XX . Todos...

Ler máis

FACENDA

A concelleira de Facenda reitera que o plan de axuste era "obrigatorio" e que conta con todos os informes técnicos favorables

04/04/2012

A concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, reiterou en rolda de prensa que o plan de axuste é "obrigatorio para todos os concellos que non son capaces de pagar o que se lles debía aos provedores a 31 de decembro 2011" e que, polo tanto, remitiron a certificación de obrigas pendentes de pago a esa data ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, tal como marca o Real Decreto Lei 4/2012. É consciente de que o crédito, a pagar no período 2012-2020 será "gravoso" para o Concello, pero...

Ler máis
Compartir: