CONSORCIO
A exposición "Cerimonial, festa e liturxia na Catedral de Santiago" abre as súas portas
A igrexa de San Domingos de Bonaval acolle unha nova exposición conmemorativa do oitavo centenario da consagración da Catedral de Santiago. Baixo o título Cerimonial, festa e liturxia na Catedral de Santiago, a mostra reúne un bo número de pezas procedentes do tesouro da basílica xacobea, todas elas testemuñas da importancia deste espazo como santuario apostólico e como meta do máis importante camiño de peregrinación en Europa.
ALCALDÍA
O alcalde, investido Confrade de Honra Civil da Irmandade dos Estudantes
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, foi investido Confrade de Honra Civil 2011 da Irmandade dos Estudantes, nun acto celebrado na igrexa das Orfas.
MEDIO AMBIENTE E INFRAESTRUTURAS
Medio Ambiente anuncia intervencións nas marxes do Sarela e no parque de Ramírez
A concelleira de Medio Ambiente, Obras e Infraestruturas, María Castelao, fixo balance dos 100 primeiros días de Goberno no seu departamento e anunciou algunhas das intervencións previstas para os vindeiros meses. Entre estas, citou a segunda fase de restauración das marxes do Sarela, a eliminación das filtracións ao río Sar na Rocha, unha intervención integral no parque de Ramírez, a reparación dos parques infantís máis deteriorados. Do xa realizado, puxo énfase no peche do vertedoiro de Aríns.
CONSORCIO
O físico inglés Roger Penrose recollerá o Premio Fonseca o 23 de novembro
Logo da visita en xuño do Premio Nobel de Medicina Richard Roberts, o Programa ConCiencia 2011 traerá a Santiago proximamente a dúas novas figuras científicas de primeira orde. O 10 de novembro visitará a cidade o Nobel de Química en 2005, Richard Schrock, e o 13 de decembro farao o de Física en 1979, Sheldon L. Glashow. Pola súa banda, Roger Penrose recollerá o Premio Fonseca o 23 de novembro.
CULTURA
Teatro El Cruce presenta "A colmena científica ou o Café de Negrín" no Principal
Teatro El Cruce chega o venres 14 a Compostela para representar A colmena científica ou o Café de Negrín dentro do ciclo Teatro en Xira, que trae o mellor teatro que está a xirar pola Península. A obra poderá verse a partir das 21:00 horas, e tamén o sábado 15 á mesma hora. As entradas, a un prezo de 12 euros en butaca, platea e primeira planta; 8 euros na segunda planta e 6 euros no anfiteatro, xa están á venda na billeteira virtual de Caixa Galicia e os días de función na propia billeteira do...
ALCALDÍA
Encontro con representantes económicos e empresarios da construción de Galicia, Polonia, Marrocos e Alxeria
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, mantivo un encontro en Raxoi cos participantes da misión comercial inversa da construción e os seus provedores Galicia-Polonia, Marrocos e Alxeria. Este encontro, que consta de diversas conferencias e foros de negocios, celébrase en Santiago o 13 e o 14 de outubro.
BENESTAR SOCIAL
Nova edición do curso "Arte e saúde: arteterapia", dirixido desta vez a nenos
Vén de iniciarse unha nova entrega do curso Arte e saúde: arteterapia, organizado pola Concellaría de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), e subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo. Se noutras ocasións este tipo de curso dedicouse a distintos colectivos de mulleres, desta vez diríxese a nenos e nenas.
FACENDA
A Concellería de Facenda implantará o pago fraccionado dos impostos municipais
A concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, anunciou que o Goberno municipal está xa barallando a posibilidade de establecer o pago do Imposto de Bens Inmobles (IBI) no mes de maio, e non a finais de ano como actualmente. Ademais, permitirase o pago fraccionado do imposto.
EMPREGO
Confirmadas xa máis de 100 ofertas de traballo na I Feira Internacional de Emprego
A Concellaría de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego de Santiago de Compostela, organizadora da primeira edición da Feira Internacional de Emprego (FIE) en colaboración coas entidades asinantes do Pacto Local polo Emprego (PALE), que terá lugar os días 3 e 4 de novembro no pavillón Multiusos Fontes do Sar, conta xa cos primeiros datos de participación, tanto no referido a demandantes de emprego como a empresas ofertantes de postos de traballo.
DEPORTES
Boa parte da elite mundial do squash volve a reunirse en Santiago de Compostela
A pista de cristal instalada no centro comercial Área Central acollerá do 17 ao 22 de outubro a quinta edición do Torneo Internacional PSA e WISPA "Camiño de Santiago". Ademais, este ano celébrase o Campionato de España Absoluto do 14 ao 16 de outubro.