MEDIO AMBIENTE

Os pequenos aprenden a facer de Santiago unha cidade máis sustentable

17/07/2012

A concelleira de Medio Ambiente, María Castelao, asistiu esta tarde na Praza Roxa á posta en marcha dos obradoiros enmarcados na campaña "Contigo, ata o fin", organizada polo Concello, a Fundación Santiago Centro e Sogama. Ten como obxectivo concienciar á poboación en xeral e aos máis novos en particular sobre a necesidade de utilizar de forma racional recursos para conseguir un mundo máis sustentable.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

A rede ‘Composteiros de Compostela’ habilitará seis puntos de creación sostible de cómpost orgánico en áreas verdes

16/07/2012

A concelleira delegada de Parques e Xardíns, María Castelao, presentou o plan ‘Composteiros de Compostela’, que creará 6 puntos de produción de cómpost libre de produtos fitosanitarios obtido dos restos vexetais recollidos nas tarefas de mantemento das áreas verdes. Coa creación desta rede de composteiros avánzase de cara a unha xestión máis sostible das zonas verdes compostelás, ao tempo que se reducen os custos derivados do tratamento dos restos vexetais por xestores autorizados externos e da propia xestión...

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde reúnese con membros da xunta directiva da Asociación Aspas

16/07/2012

O rexidor compostelán, Ángel Currás, mantivo un encontro con membros da xunta directiva da Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Santiago (Aspas), onde manifestou o recoñemento do Concello ao papel desta asociación e o seu apoio ás actividades de mellora da calidade de vida destas persoas.

Ler máis

EMPREGO

Preto de 30 expertos participarán na II Feira Internacional de Emprego

15/07/2012

Baixo o título xenérico de "Os novos mercados de traballo e as estratexias innovadoras para a busca de emprego", a II Feira Internacional de Emprego (FIE), organizada pola Concellaría de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego do Concello de Santiago, ofrecerá durante os días 19 e 20 de xullo un completo programa de actividades no Multiusos Fontes do Sar. Estas xornadas, de carácter totalmente gratuíto, desenvolveranse de xeito paralelo á realización das entrevistas de traballo e procesos de selección de...

Ler máis
Compartir: