TURISMO

Preséntase o Plan Estratéxico do Turismo de Santiago no Consello Municipal

09/02/2018

O Auditorio de Galicia acolleu un xuntanza ordinaria do Consello Municipal de Turismo, con tres puntos destacados na orde do día: presentación e análise dos principais datos turísticos do 2017, presentación das principais liñas de traballo de promoción de Turismo de Santiago previstas para o 2018, e presentación do Plan Estratéxico do Turismo de Santiago 2017-2022.

Ler máis

DEPORTES

Comezan as obras para renovar o sistema de iluminación do campo de fútbol de Lamas de Abade

08/02/2018

Esta semana comezan as obras que permitirán renovar o sistema de iluminación do campo de fútbol de Lamas de Abade. Así o anunciou en rolda de prensa a concelleira de Deporte, Noa Morales, quen indicou que os traballos, axudicados a Ferrovial Servicios, terán unha duración de oito semanas, se ben só será preciso pechar o campo durante unha semana. O investimento alcanza os 68.055 euros.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

Sete colexios de Santiago participan no proxecto Compostaxe na Escola

08/02/2018

Sete centros de ensino de Compostela están a participar no proxecto Compostaxe Comunitaria na Escola, impulsado pola Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia. O edil Xan Duro visitou esta mañá un dos colexios implicados, o CEIP de Vite, onde os propios rapaces e rapazas se encargan de recoller os residuos orgánicos para levalos aos composteiros. A súa intención é acondicionar un xardín vertical no que utilizarán o compost.

Ler máis

OBRAS PARA O EQUILIBRIO TERRITORIAL

O Goberno municipal investirá 350.000 euros en melloras na rúa das Cancelas e na avenida do Cruceiro da Coruña

07/02/2018

A Xunta de Goberno adxudicará nas próximas semanas as obras de reurbanización dun tramo da rúa das Cancelas, no contorno da subestación eléctrica. O proxecto está orzamentado en algo máis de 200.000 euros e ten un prazo de execución de 45 días. Nas próximas semanas tamén arrancarán as obras de mellora da pavimentación na vía de servizo da avenida do Cruceiro da Coruña e nas parroquias de Sabugueira, Figueiras e Marrozos.

Ler máis

CONSORCIO

Un libro reúne 190 retratos realizados por Carlos Maside a figuras contemporáneas súas como Castelao, Valle-Inclán ou Lorca

07/02/2018

O Consorcio de Santiago e a editorial Guiverny acaban de publicar Maside. A presenza do ausente, un libro que reúne 190 retratos realizados por Carlos Maside a personaxes contemporáneos seus. Presentouse este mércores na Fundación Torrente Ballester nun acto no que estiveron, ademais das autoras dos textos, o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega; a xerente do organismo interadministrativo, Belén Hernández; o responsable de Publicacións do Consorcio, Juan Conde; e Belén Fortes, da...

Ler máis

CONVIVENCIA

Continúan os traballos para a comarcalización do parque de bombeiros de Santiago de Compostela

07/02/2018

Os alcaldes dos municipios da área de Santiago participaron hoxe nunha xuntanza para coñecer os detalles do acordo acadado entre o Concello, a Deputación da Coruña e a Vicepresidencia da Xunta para a comarcalización do parque de bombeiros de Compostela. Foi unha reunión celebrada esta mañá, á que asistiu o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro.

Ler máis

IGUALDADE

Xuntanza aberta este martes para debater os criterios de uso e xestión da Casa das Mulleres Xohana Torres

06/02/2018

A Concellaría de Igualdade convoca a todos os colectivos de mulleres e feministas á primeira xuntanza aberta da Casa das Mulleres Xohana Torres. Esta xuntanza será este martes ás 18:30 horas e nela participará a concelleira de Igualdade, Marta Lois, para presentar o primeiro rascuño sobre criterios de uso e xestión desta instalación, inaugurada o 9 de novembro de 2017 e situada na rúa Bernardo Barreiro de Vázquez Varela.

Ler máis
Compartir: