TURISMO
Máis de 120 empresas compostelás recibiron a certificación de calidade turística
A Mesa de Calidade Turística de Santiago entregou os distintivos do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino (SICTED) ás 124 empresas e profesionais do sector turístico que aprobaron a auditoría de calidade. A cifra de certificacións, 38 máis que no 2006, representa a mellor marca na cidade dende a entrega dos primeiros certificados en 2004.
MOBILIDADE
A Policía Local realizou case 37.000 controis de tráfico en 2007
Ao longo de 2007, a Policía Local realizou un total de 36.852 controis, entre inspeccións de velocidade, do emprego do cinto de seguridade, do uso do móbil e de utilización do casco en motocicletas e de alcoholemia.
TURISMO
Turismo de Santiago reforza a Semana Santa co seu programa gastronómico e turístico
Unha web propia, un completo programa de man, un intenso calendario de visitas turísticas e a segunda edición das propostas gastronómicas de "Sabores de Paixón" serán as achegas de Turismo de Santiago á celebración da Semana Santa compostelá no 2008.
CONSUMO
Inmigrantes e persoas maiores, coñecedores dos seus dereitos como consumidores
O sábado 15 de marzo celébrase o Día Mundial do Consumidor. Con tal motivo, a Concellería de Sanidade e Consumo presenta dúas novas guías, dedicadas especificamente aos inmigrantes e ás persoas maiores. Colaboran o Instituto Galego de Consumo e a Unión de Consumidores de Galicia.
ALCALDÍA
Compostela prepárase para acoller ás personalidades académicas máis relevantes do mundo económico
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao presidente da Real Academia de Ciencias Económicas e Financeiras, Jaime Gil Aluja. Este informoulles sobre os preparativos da vindeira sesión solemne académica desta corporación, que se celebrará en Santiago o 1 de abril.
CULTURA
O espírito musical dos 50 chega a Santiago da man do "Grease Tour"
O musical Grease chega a Compostela para devolvernos aos anos 50 e á música que entón triunfaba entre aos máis novos. O Multiusos Fontes do Sar albergará este espectáculo o 25 de abril, ás 22:00 horas.
MULLER
O Concello fai visible o labor de oito mulleres como xeradoras de coñecemento
O Hostal dos Reis Católicos acolleu o acto de homenaxe que o Concello dedicou a oito mulleres, dentro dos actos de conmemoración do Día Internacional da Muller, celebrado o 8 de marzo. Quíxose así facer visible o labor destas mulleres na xeración de coñecemento e por de relevo a cada vez maior presenza feminina en postos de relevancia.
INFRAESTRUTURAS
As obras da zona deportiva de San Lázaro serán adxudicadas en canto se reciba o proxecto de Fenosa
Unha vez que o Concello reciba o informe de Fenosa sobre os custos do traslado dunha torre de alta tensión que impide o seu inicio, serán adxudicadas as obras da zona deportiva de San Lázaro.
CULTURA
Cámara Negra xulga o "Brand" de Ibsen cos ollos do século XXI
A compañía teatral Cámara Negra escolleu o Teatro Principal para estrear o seu novo traballo, Brand, unha versión libre da peza teatral de Henrik Ibsen. Dúas oportunidades, o 12 e o 13 de marzo, para ser testemuña da austera e experimental proposta escénica desta compañía.
CULTURA
A Zona C acolle a mostra "Estrutura binaria", da artista compostelá Marga Crespo
O mércores 12 de marzo, ás 20.00 horas, na Zona "C", inaugurarase a exposición da artista compostelá Marga Crespo, que leva por título Estrutura binaria.