EDUCACIÓN
Uns 3.000 escolares familiarizaranse co teatro grazas a unha nova edición do Certame Intercentros
Os salóns de actos dos institutos Rosalía de Castro e Xelmírez I acollerán do 21 ao 28 de abril o XIII Certame de Teatro Intercentros, organizado pola Concellería de Educación e pola Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística. Uns 3.000 alumnos de 15 centros escolares asistirán ás representacións.
EDUCACIÓN
Obradoiro de jazz na Escola Municipal de Música
A Escola Municipal de Música acolle un obradoiro de jazz, co obxectivo de familiarizar aos asistentes coa montaxe dun tema deste estilo musical. Celebrarase os días 22 de maio, de 16:00 a 20:00 horas, e 24 de maio, de 10:00 a 14:00 horas. O prazo de inscrición remata o 20 de maio.
ALCALDÍA
Santiago, galardoada polo fomento da arquitectura na súa xestión urbanística
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recolleu en León o premio ARQAno ao fomento da Arquitectura 2007, que conceden os Colexios Oficiais de Arquitectos do noroeste de España. Nun acto celebrado da sede desta entidade, o Concello de Santiago foi recoñecido pola súa "continua e atenta xestión urbanística que incorpora a arquitectura coma un dos seus piares fundamentais".
MOCIDADE
Nace o Certame "Música Xove’08" para promover a creatividade das novas formacións musicais de Galicia
A Concellería de Mocidade convoca o I Certame "Música Xove’08". O seu obxectivo é promover a creatividade musical dos mozos e nel poden participar as bandas e solistas que teñan como sede calquera dos locais municipais de ensaio distribuídos por Galicia.
COMERCIO
Autobuses gratuítos para asisitir a Compostela Outlet
A organización fletará autobuses gratuitos para facilitar o desprazamento daquelas persoas que desexen asistir á segunda edición de Compostela Outlet, que desenvolve a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo os días 26 e 27 de abril.
CULTURA
A Gala Internacional de "Compostela Máxica" clausura unha exitosa semana do ilusionismo en Santiago
Compostela Máxica 2008. II Semana Internacional do Ilusionismo terá o sábado 19 de abril a súa xornada de clausura. Será coa Gala Internacional de "Compostela Máxica" que se vai celebrar no Auditorio de Galicia, a partires das 21:00 horas, coas actuacións de Luis Manuel, Johnny Lonn, Kiko Pastur, Arno, Vic & Fabrini e Rafael, presentada por Luis Boyano.
ALCALDÍA
Unha Comisión elixirá o proxecto para a remodelación da praza de Galicia
Unha Comisión será a encargada de estudar os anteproxectos gañadores do concurso de ideas para a remodelación da praza de Galicia, co fin de propoñer o máis idóneo nun prazo de dous meses. Así o anunciou o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, quen adiantou tamén que todos os cidadáns poderán tamén achegar as súas suxestións a través desta web.
ALCALDÍA
O alcalde recollerá en León o premio co que os arquitectos do noroeste recoñecen a xestión urbanísitica de Santiago
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recollerá o venres 18 en León o premio ARQAno ao fomento da Arquitectura 2007, outorgado polos Colexios Oficiais de Arquitectos do noroeste de España. Santiago foi premiada pola "continua e atenta xestión urbanística que incorpora a arquitectura coma un dos seus piares fundamentais".
UMAD
Cincocentos escolares asistirán á obra de teatro sobre prevención de drogas "Pisa la raya"
O espectáculo teatral Pisa la raya, da compañía Pikor Teatro, pechará o venres 18 o programa de prevención en drogodependencias Non pasa nada, ¿pasa algo?, promovido pola Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD) e desenvolvido ao longo do curso escolar 2007-08 entre estudantes de 4º da ESO. Uns 500 alumnos de oito colexios asistirán ás dúas representacións da obra no Teatro Principal, ás 10 e ás 12. O primeiro pase contará coa presenza da concelleira de.../em>
COMERCIO
As conferencias sobre comercio organizadas por Promoción Económica rematan cunha charla sobre axudas á innovación
A Fundación Caixa Galicia (rúa do Vilar, 19) acolle o venres, 18 de abril, de 20:00 a 21:30 horas, a última charla do ciclo Conferencias sobre Comunicación e Innovación para o pequeno comercio, organizadas pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo dentro das actividades de Marzo, mes co comercio. A charla sobre Axudas á innovación no pequeno comercio será impartida polo subdirector xeral de Comercio da Consellería de Innovación e Industria,.../em>