MEDIO AMBIENTE
Novidosa técnica para a rehabilitación das canalizacións da rúa Carvalho Calero
Na rehabilitación das canalizacións de augas pluviais e residuais da rúa Carvalho Calero estase a empregar unha novidosa técnica que permite reducir tempos e custos. En lugar do sistema empregado habitualmente, utilízase un baseado no revestimento interior con resina epoxi.
COMERCIO
Compostela Outlet sobrepasou as 20.000 visitas na súa terceira edición
Compostela Outlet. III Feira do comercio polo miúdo rexistrou unha asistencia de 21.799 persoas. 19.049 eran adultos e o resto, 2.750, menores de 12 anos. Esta cifra é un 28,3% superior á rexistrada en 2007, cando asistiron á feira de saldos 15.624 persoas; e un 27,18% superior a de 2008, cando visitaron a feira de saldos 15.873 persoas.
CULTURA
A exposición "Marxes e Mapas", recollida nun catálogo en formato CD
Presentouse en Raxoi o catálogo da mostra Marxes e Mapas. A creación de xénero en Galiza. Esta exposición estivo abera ao público no Auditorio de Galicia dende outubro de 2008 ata febreiro.
ALCALDÍA
Fixado o 30 de abril como data tope para a ocupación dos terreos do Aeroclub
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado pola concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, mantivo dúas xuntanzas en Madrid para desbloquear a ocupación dos terreos do Aeroclub para a construción da nova terminal de Lavacolla.
COMERCIO
Case oito mil persoas visitaron Compostela Outlet en nove horas
Un total de 7.812 persoas visitara, ata as sete da tarde, Compostela Outlet. III Feira do comercio polo miudo, organizada pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. En 2007, a cifra, tamén ata as sete da tarde, a afluencia era de 4.500 visitas, ainda que cómpre ter en conta que na edición anterior abriu ao mediodía, e este ano abriu ás dez da mañá.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo reunirase coa presidenta de AENA e co secretario de Estado de Defensa para impulsar as obras da nova Terminal
Impulsar o inicio das obras da nova terminal aeroportuaria de Lavacolla é o obxectivo das reunións que o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, manterá o luns 16 coa presidenta de AENA, Encarnación Vivancos, e co secretario de Estado de Defensa, Constantino Méndez. Como xa ten indicado noutras ocasións, a prioridade municipal é que se fixe unha data de ocupación dos terreos e comecen as obras.
ALCALDÍA
O alcalde contempla a ampliación do Palacio de Congresos como unha "solución paliativa" ás necesidades de Santiago
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, indicou que o Concello xa vén contemplando a posibilidade de ampliar o Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia con instalacións complementarias no espazo ocupado actualmente polo aparcadoiro anexo. Non obstante, indicou que esta sería unha "solución paliativa" no caso de que non fose posible ampliar o Recinto Feiral de Amio, como sería desexable dende o punto de vista municipal.
TRANSPORTES
Santiago, elixida para integrar a xunta directiva da Rede de Cidades pola Bicicleta
O concelleiro de Transportes, Carlos Nieves, participou en Sevilla na asemblea constituínte da Rede de Cidades pola Bicicleta e foi elixido membro da súa Xunta Directiva. A adhesión a esta rede de cidades fora aprobada polo Pleno municipal na súa sesión ordinaria do pasado 26 de febreiro.
ALCALDÍA
Os empresarios do Tambre doan 8.000 euros ao Cottolengo e á Cociña Económica
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañou ao presidente da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, Jesús Chenel, na visita ao Cottolengo e á Cociña Económica de Santiago para facer entrega de 4.000 euros a cada entidade por parte da asociación empresarial que preside.
URBANISMO
O PXOM ao completo nesta páxina web
Xa está dispoñible nesta web o texto refundido do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Os interesados poden consultar o documento completo, con todos os seus planos e textos.