MEDIO AMBIENTE

O Concello duplicará o número de hortas urbanas a disposición dos cidadáns

18/04/2012

A concelleira de Medio Ambiente, Obras e Infraestruturas, María Castelao, anunciou a posta a disposición dos cidadáns de 50 novas hortas urbanas en Fontiñas. Estas superficies de cultivo sumaríanse ás dispoñibles en Belvís, aumentando case un 100% o número de hortas existentes na actualidade. Ademais, de haber demanda, o Concello contempla a posibilidade doutra área de hortas en Pontepedriña.

Ler máis

ALCALDÍA

A área de Cultura pasa a depender do alcalde

18/04/2012

Ángel Currás ofreceu a súa primeira rolda de prensa como alcalde. Na mesma anunciou os primeiros cambios na estrutura do Goberno, que afectan fundamentalmente ás áreas que el mesmo tiña ata agora como concelleiro. Así, Cultura pasará a depender directamente de Alcaldía, mentres que os departamentos de Educación e de Normalización Lingüística serán asumidos pola nova concelleira Rebeca Domínguez.

Ler máis

EDUCACIÓN

Presentada ao profesorado a XII Campaña Municipal de Animación á Lectura

17/04/2012

A Galería Sargadelos acolleu a xuntanza de presentación ao profesorado da XII Campaña Municipal de Animación á Lectura, organizada pola Concellería de Educación e Kalandraka Editora, en colaboración coa Galería Sargadelos. Participaron uns 100 profesores e educadores das escolas infantís e dos centros de educación infantil e primaria composteláns e da bisbarra.

Ler máis

CULTURA

Abraham Boba en concerto na Zona "C" dentro do ciclo Íntimo&Acústico

17/04/2012

Continúa en Compostela o ciclo Íntimo&Acústico e dentro del chega o vigués Abraham Boba. Dará un concerto o mércores 18, na Zona "C" de Bonaval, a partir das 22:30 horas. As entradas para este concerto, a 6 euros anticipada e 8 euros o propio día, poden mercarse na billeteira do Teatro Principal e tamén na da Zona "C". Íntimo&Acústico ofrece, despois deste concerto de Boba, os de Maika Makovski+Gentle Music Men, Mónica de Nut Trío, Abe Rábade Trío,...

Ler máis

ALCALDÍA

Xerardo Conde Roa anuncia a súa dimisión como alcalde de Santiago de Compostela

16/04/2012

Xerardo Conde Roa anunciou en rolda de prensa a súa dimisión como alcalde de Santiago de Compostela. Considera que "á vista da miña situación procesual, é o mellor para a miña familia, para o meu partido, para a cidade e para a institución". A dimisión formalizarase nun Pleno que será convocado de inmediato. Posteriormente, será elixido o novo alcalde, que segundo indicou, será Ángel Currás, tras así decidilo os concelleiros do Goberno local.

Ler máis
Compartir: