OBRAS

As obras da rúa de San Pedro incluirán a substitución das redes de abastecemento de auga e de telecomunicacións

07/08/2013

O Concello, a través dunha sesión extraordinaria da Xunta de Goberno, autorizou a redacción dun proxecto modificado das obras de reurbanización da rúa de San Pedro. Este cambio ten por obxecto a substitución das redes de abastecemento de auga e telecomunicacións, pois o comezo das obras revelou que estas presentan un deterioro que fai imposible a súa reutilización. Esta modificación non altera as condicións esenciais da licitación nin os prazos previstos.

Ler máis

FESTAS

Ultreia, Brincadeira, Colexiata de Sar e Cantigas e Agarimos actuarán o sábado 7 de setembro na praza da Quintana

06/08/2013

A Xornada do Folclore, suspendida nas festas do Apóstolo por mor do accidente ferroviario de Angrois, celebrarase o sábado 7 de setembro, a partir das 21:30 horas, na praza da Quintana, segundo anunciou o concelleiro de Festas, Francisco Noya. Ultreia, Brincadeira, Colexiata de Sar e Cantigas e Agarimos serán os catro grupos protagonistas, xuntando máis de 100 persoas enriba do escenario.

Ler máis

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Normalización Lingüística promove un obradoiro gratuíto de creación literaria

06/08/2013

A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, e o presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Cesáreo Sánchez, presentaron o Obradoiro de Creación Literaria, que se celebrará ao longo de varios sábados dos meses de setembro, outubro e novembro no Palacio de Bendaña (sede da Fundación Granell). Será impartido por Alicia Fernández.

Ler máis

EMPREGO

O paro baixou en xullo en termos interanuais por primeira vez dende marzo de 2008

06/08/2013

No mes de xullo produciuse a primeira baixada interanual no número de persoas paradas en Santiago dende marzo de 2008, segundo os datos do Ministerio de Emprego. En xullo deste ano houbo 8.774 persoas rexistradas no paro na cidade, fronte as 8.865 que houbo no mesmo mes do ano pasado. Trátase dun descenso de 91 persoas, un 1,03% menos.

Ler máis

CULTURA

Clown e circo en "Verán na rúa"

06/08/2013

En agosto e na primeira quincena de setembro, as rúas e prazas de Compostela encheranse coa cor dunha programación que inclúe propostas diferentes. Trátase de Verán na rúa, unha variada oferta da que poderá gozar especialmente o público infantil e familiar, que solo terá que coller un bo lugar para ver os diferentes espectáculos gratuítos, que tomarán de novo as rúas do casco histórico de Compostela de luns a venres. Unha refrescante oferta cultural que o mércores e o xoves trae...

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Dúas mil cincocentas persoas participaron nas actividades de "Vive o verán 2013"

05/08/2013

O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, fixo balance do programa Vive o verán 2013, novamente con grande éxito de participación. Esta proposta achegou ás familias de Compostela unha oferta de lecer sociocultural adaptada ao tempo do verán, en clave de actividades de tempo libre, gozando dos espazos naturais, rurais e urbanos de Compostela, e fomentando o compoñente máis social das relacións persoais.

Ler máis

URBANISMO

Autorizado o inicio das obras da cafetería e do estanque da Alameda

05/08/2013

O Concello de Santiago, a través da súa Xunta de Goberno, vén de autorizar o inicio das obras da futura cafetería da Alameda. Esta intervención vai supor una transformación deste parque emblemático de Compostela. O Goberno local tamén deu o visto bo ao comezo das obras no estanque da propia Alameda.

Ler máis
Compartir: