DEPORTES

Corenta e catro nenos e nenas participaron no campamento do CD Conxo

26/07/2012

O venres 27 de xullo clausúrase o I Campus de Verán do Club Deportivo Conxo. O Concello colaborou con esta iniciativa, en cuxo peche estará presente o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, e a futbolista compostelá Verónica Boquete, que será a madriña dos equipos femininos deste club.

Ler máis

DEPORTES

Seguen as actividades de verán do Don Bosco

26/07/2012

O Concello de Santiago colabora coas actividades que durante o verán organiza o Centro Xuvenil e a Escola de Tempo Libre Don Bosco. Estas accións buscan converter o tempo libre nun espazo de diversión educativa para os nenos e nenas e, ao mesmo tempo, facilitar a conciliación familiar, ademais de fomentar a integración de nenos en risco social.

Ler máis

TURISMO

Santiago sumou en xuño por segundo mes consecutivo máis pernoctacións de turistas estranxeiros que españois

26/07/2012

Por segundo mes consecutivo, Santiago rexistrou en xuño un maior número de pernoctacións internacionais que domésticas, despois de que maio fose o primeiro mes da serie histórica no que se producía esta circunstancia, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE). As pernoctacións internacionais aumentaron un 28,14% respecto do mes de xuño de 2011. As 57.638 pernoctacións internacionais son a cifra máis alta alcanzada nun mes de xuño, superando incluso as alcanzadas no Ano Santo 2010.

Ler máis

FESTAS

A primeira entrega dos concertos "Quintana de Vivos" será de balde

26/07/2012

A primeira sesión dos concertos Quintana de Vivos, que se celebrará este venres ás 21:00 horas na praza da Quintana, será de balde. Así o confirmou o representante dos establecementos de hostalería encargados da organización deste evento –"Os catro da Quintana"–, Félix García, que manifestou que este é un xesto "para axudar á cidade" e para que todos os cidadáns "poidan desfrutar da proposta musical que ofrecemos".

Ler máis

FESTAS

Os portorriqueños Calle 13 encheron de ritmos urbanos a Quintana

25/07/2012

Un concerto de Calle 13 pechou o día grande das Festas do Apóstolo. A banda portorriqueña levou á praza da Quintana o seu espectáculo "Entren los que quieran", co que dan nome á súa xira europea de xullo e agosto e que é tamén é o título do seu último traballo editado ata o momento.

Ler máis
Compartir: