CULTURA

Arranca en Compostela o VII Ciclo 1906 de Jazz, que ofrece tres concertos no Principal

24/02/2014

O alcalde compostelán, Ángel Currás; o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou; e o brand manager de 1906, Juan Paz, presentaron en Raxoi a programación do VII Ciclo 1906 de Jazz en Compostela nunha rolda na que tamén estiveron o director artístico do ciclo, Carlos López, e os músicos Roberto Somoza e Xacobe Martínez Antelo. Esta programación está formada por sete concertos, tres no Principal, tres no Dado Dadá e o peche do ciclo cun maratón de jazz galego na praza da...

Ler máis

BENESTAR SOCIAL

Entrega de diplomas aos participantes nas accións formativas da Fundación Secretariado Xitano

24/02/2014

A concelleira de Benestar Social, María Castelao, entregou os diplomas da Fundación Secretariado Xitano (FSG) correspondentes ás accións formativas realizadas en 2013 en Santiago de Compostela. A apertura do acto, celebrado no edificio Cersia, correu a cargo da directora territorial da Fundación, Eva Vera, mentres que a coordinadora da FSG en Santiago, Isabel Suárez, presentou a experiencia do itinerario formativo Acceder.

Ler máis

ALCALDÍA

Doce expertos europeos en ensino de linguas coñecen en Santiago o modelo formativo das escolas oficiais de idiomas

24/02/2014

O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, recibiron un grupo de 12 expertos europeos en ensino de linguas que participan nunha visita de estudos organizada pola Escola Oficial de Idiomas e financiada pola Comisión Europea. A visita ten como obxectivo amosarlle a estes expertos o modelo de ensino de linguas para adultos das escolas oficiais de idiomas.

Ler máis

CONSORCIO

O 20 de marzo remata o prazo para solicitar as axudas á rehabilitación de elementos especiais de madeira na cidade histórica

24/02/2014

O Consorcio de Santiago vai destinar 80.000 euros en axudas para a rehabilitación de carpinterías de madeira e reixas dos inmobles situados no ámbito do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica. Con esta iniciativa búscase mellorar a eficiencia enerxética das vivendas, co consecuente aforro económico para os cidadáns.

Ler máis

EDUCACIÓN

O Concello e a Consellería de Cultura e Educación acordan un investimento de case 500.000 euros nos centros educativos

24/02/2014

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Santiago de Compostela acaban de acordar un investimento de preto de 500.000 euros para a mellora das instalacións dos centros educativos da capital galega, en concreto en todos os centros de infantil e primaria de Santiago. O secretario xeral técnico da Consellería, Jesús Oitavén; e a concelleira de Educación, María Castelao; reuníronse para abordar as reformas prioritarias nos colexios da cidade, co fin de que as obras poidan comezar en...

Ler máis

REFUXIO DE ANIMAIS

O Concello aposta por manter o actual modelo de xestión do Refuxio de Animais

21/02/2014

O alcalde compostelán, Ángel Currás, presidiu a reunión do Padroado da Fundación do Refuxio de Animais de Bando, que acordou uns gastos para 2014 de 275.000 euros. O Refuxio seguirá mantendo o actual modelo de xestión compartida, pero dende o Padroado son conscientes da necesidade de buscar novas formas de financiamento. Unha das novidades do novo exercicio será a instalación dunha caseta permanente de información sobre o Refuxio no parque da Alameda.

Ler máis

SOSTIBILIDADE

A xestión auditada dos parques e xardíns ou a intervención na Selva Negra, modelos exportables a outras cidades europeas

21/02/2014

A concelleira de Sostibilidade, María Pardo, deu conta da súa participación en Angers (Francia) na conferencia final do proxecto europeo Parkatlantic, celebrada os días 17 e 18 de febreiro. Neste encontro debateuse sobre os ecosistemas en zonas urbanas e a súa avaliación, e analizáronse deseños propostos para a creación de novas zonas verdes e de parques e xardíns.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde ve no selo do VIII centenario da peregrinación de San Francisco unha nova oportunidade de promoción do Camiño

21/02/2014

O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu ao acto de presentación do selo dedicado ao VIII centenario da peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela. O evento, celebrado no Hotel Monumento San Francisco, estivo presidido pola ministra de Fomento, Ana Pastor, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Tamén asistiu o presidente de Correos, Javier Cuesta.

Ler máis

CULTURA

Marlango e Lara Bello, propostas musicais para esta fin de semana

21/02/2014

As propostas musicais para esta fin de semana traen dous concertos do Compostela Rock e Sons’14 da man de Marlango e Lara Bello. Este sábado chegará á cidade, á Sala Capitol, o pop-jazz experimental de Marlango, que presentan o seu último traballo, Un día extraordinario, e o domingo poderemos escoitar a world music de Lara Bello, que terá como anfitrión ao compostelán Abe Rábade, un dos músicos que a acompañará sobre o Teatro Principal.

Ler máis

CULTURA

Última fin de semana para ver "O bosquexo do mundo" no Auditorio de Galicia

21/02/2014

Esta fin de semana poderá verse por última vez a mostra O bosquexo do mundo no Auditorio de Galicia, xa que domingo remata a súa estancia neste edificio. O bosquexo do mundo é unha exposición colectiva comisariada por Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre, e coproducida polo MARCO (Museo de Arte Contemporánea de Vigo), o Auditorio de Galicia, e a Fundación Luis Seoane. Unha aposta polas mostras de produción propia que se fai extensible aos tres centros, como nova experiencia de coprodución...

Ler máis
Compartir: