NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O Auditorio acolle un concerto especial de Toc Toc para os máis pequenos

26/03/2014

Ante a grande acollida que está a ter a actuación deste domingo na capital galega, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Concello compostelán ampliaron a capacidade ata mil prazas e reforzaron a actividade cun Pablo Díaz que actuará arroupado pola banda Toc Toc ao completo. A concelleira Reyes Leis e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentaron a actividade en rolda de prensa acompañados dos músicos Pablo Díaz e Olga Kirk.

Ler máis

DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE

A Alameda lembrará cun paseo literario as citas de grandes escritores sobre o Camiño de Santiago e a cidade

26/03/2014

Desde Dante ata Hemingway ou García Márquez, os grandes literatos inmortalizaron nas súas obras o Camiño de Santiago. O Concello quere recoller e resaltar estas citas e para iso a Alameda acollerá un "paseo literario" entre a Porta dos Leóns e a Estatua de Rosalía. A iniciativa foi presentada en rolda de prensa polo alcalde compostelán, Ángel Currás e e a concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, María Pardo. Pola tarde, visitarán o paseo.

Ler máis

DEPORTES

Santiago acollerá o Campionato galego e o clasificatorio provincial de Duatlón

26/03/2014

Este sábado 29 tendrá lugar nas inmediacións do estadio de San Lázaro a XII edición Duatlón Cidade de Santiago e a XV edición Duatlón Escolar de Santiago. O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou os eventos en rolda de prensa acompañado polos organizadores, o Club Triatlón Arcade Inforhouse e a Federación Galega de Triatlón.

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio de Santiago achegará este ano unha partida de 1.427.379 euros para concluír a restauración das torres da Catedral

26/03/2014

O Consorcio de Santiago celebrou a súa Comisión Executiva, presidida polo alcalde da cidade e presidente do Consorcio, Ángel Currás. Entre os temas abordados na xuntanza destaca a aprobación dun convenio coa Fundación Catedral e outro co Concello de Santiago para sinalización turística. Tamén se deu luz verde á liquidación presupostaria do exercicio 2013, así como á posta en marcha do VIII Festival de Músicas Contemplativas en colaboración co Auditorio de Galicia.

Ler máis
Compartir: