BENESTAR SOCIAL

O Concello de Santiago e a Fundación Secretariado Xitano perfilan o seu convenio anual de colaboración

05/09/2012

A concelleira de Familia e Benestar Social, Paula Prado, reuniuse coa coordinadora do equipo de Santiago da Fundación Secretariado Xitano, Isabel Suárez, e coa directora en Galicia da devandita Fundación, Eva Vera. No encontro perfiláronse as liñas de colaboración que quedarán marcadas no convenio anual a subscribir, no que o Concello achegará 20.000 euros á Fundación para as accións do programa Acceder.

Ler máis

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Redecinema trae á praza da Quintana a proxección aberta do filme "Vilamor"

05/09/2012

O programa Redecinema, promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Deputación da Coruña, chega a Santiago de Compostela coa proxección do filme Vilamor. Será o sábado 8, a partir das 22:00 horas, na praza da Quintana, nunha sesión aberta e de balde para todos os públicos.

Ler máis

TURISMO

Santiago e Trondheim (Noruega), unidas polas súas rutas de peregrinación

05/09/2012

A concelleira de Turismo, Reyes Leis, recibiu Rita Ottervik, alcaldesa de Trondheim, cidade de Noruega referencia do Camiño de San Olav. A rexedora da cidade nórdica encabeza unha delegación que está en Compostela para estudar as estratexias de promoción turística do Camiño de Santiago e para avanzar na creación dunha rede europea de rutas de peregrinación.

Ler máis

EMPREGO

A Axencia Local de Colocación pon a disposición dos empresarios a información relativa aos incentivos á contratación

05/09/2012

A Cámara de Comercio de Santiago acolleu a presentación da campaña de difusión sobre incentivos á contratación para empresas, aprobados pola Dirección Xeral de Fomento do Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, que desenvolverá o Concello de Santiago a través da Axencia Local de Colocación, dependente da Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego.

Ler máis

CULTURA

Cave, Lisabö e Unicornibot en triCiclo, segunda proposta desta temporada do Compostela Rock

05/09/2012

O triCiclo é unha proposta musical de concertos de tres bandas, sempre de primeiro nivel en diferentes localizacións da xeografía galega. Unha escusa perfecta para, ademais, mostrar ao mundo o talento de artistas galegos noutras disciplinas, xa sexa traballando con artistas gráficos establecidos ou descoñecidos. Así, a primeira edición desta proposta presentárase dentro do Compostela Rock con Cave, Lisabö, Unicornibot e o deseñador Andrés Magán. Será o sábado 22 de setembro na Sala Capitol, coa...

Ler máis

FACENDA

A Comisión Especial de Contas ratifica a Conta Xeral do exercicio 2011

04/09/2012

A Comisión Especial de Contas, reunida en Raxoi, deu o visto bo inicial á Conta Xeral 2011. Agora será publicada no Boletín Oficial da Provincia e, tras o período de exposición e de resolución de alegacións tamén en Comisión, será sometida á aprobación do Pleno municipal. Finalmente, remitirase ao Consello de Contas e ao Tribunal de Contas.

Ler máis

TURISMO

A oficina de información de Turismo de Santiago atendeu en agosto o maior número de consultas mensuais da súa historia

03/09/2012

A oficina de información de Turismo de Santiago atendeu no mes de agosto 46.329 consultas presenciais. Con esta cifra, este mes converteuse no de maior consultas atendidas na historia de Turismo de Santiago, entidade de promoción turística do Concello de Santiago creada no ano 1999. Esta cifra supón un crecemento do 13% respecto das 41.208 do ano 2011 e dun 3% respecto das 44.844 de agosto do Ano Santo de 2010, que ata o momento era o mes co maior número de consultas.

Ler máis
Compartir: