TURISMO

Reyes Leis considera que a nova ruta aérea con Amsterdam é "unha boa noticia para o turismo e para a conectividade de Galicia"

26/02/2014

A concelleira de Turismo, Reyes Leis, amosouse "moi satisfeita" pola nova conexión internacional con Amsterdam (Holanda) que suma Lavacolla para a temporada de verán. Considerou que esta nova ruta de Vueling, xunto coas anunciadas recentemente de Roma e Bruxelas, son "unha boa noticia para a cidade dende o punto de vista turístico e tamén para a conectividade de Galicia".

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde reitera que o acceso ao aparcadoiro de Galeras se realizará en zona libre e que a glorieta resolverá problemas de mobilidade

26/02/2014

O alcalde compostelán, Ángel Currás, acompañado pola concelleira de Urbanismo, María Pardo, reuniuse con representantes das asociacións de veciños Río Sarela, San Lorenzo, Carme de Abaixo e Aqualume Galeras, cos que falou sobre a construción da glorieta que conectará Galeras coa rúa de Domingo García-Sabell, permitindo o dobre sentido nesta última e eliminando o tráfico nas rúas Carretas e Hortas.

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello cede un piso de acollida familiar á Fundación Andrea

26/02/2014

O alcalde compostelán, Ángel Currás, e as concelleiras María Castelao e María Pardo asistiron á inauguración do novo piso da Fundación Andrea cedido polo Concello. Neste inmoble, situado en Conxo de Arriba, poderán ser acollidas as familias de nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais hospitalizados no Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

Ler máis

CULTURA

A opereta "Barbazul, unha sabotaxe amorosa", de novo na Zona C

26/02/2014

Barbazul, unha sabotaxe amorosa volve de novo esta semana á Zona C tras a suspensión das funcións a pasada fin de semana por motivos de saúde dun dos protagonistas da mesma. Serán catro as funcións que poderemos ver desta opereta para clown e soprano dirixida por Marta Pazos e protagonizada por Mónica de Nut e Borja Fernández. Poderemos vela de xoves a domingo ás 20:30 horas (domingo ás 19:30 horas) na Zona C.

Ler máis

CULTURA

Toni Moog cancela a súa actuación en Compostela por motivos persoais

26/02/2014

O humorista Toni Moog vén de anunciar a cancelación do seu espectáculo O mellor de Toni Moog, previsto para este xoves 27 de febreiro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal, dentro do ciclo Falabaratos. Moog vese na obriga de suspender a función por causas persoais e de forza maior e lamenta as molestias que esta cancelación poidan causar ao público.

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio e Alvarellos Editora editan "Recuerdos de agosto. Obra poética, 1850-1858", do compostelán Aurelio Aguirre

24/02/2014

O Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora publican a obra definitiva do poeta compostelán Aurelio Aguirre (Santiago, 1833 – A Coruña, 1858), que reúne 133 poemas, máis de 80 son inéditos, nun libro titulado Recuerdos de agosto. Obra poética, 1850-1858. A obra presentarase este martes 25, ás 19:00 horas, na sede da Fundación Torrente Ballester (rúa do Vilar, 9).

Ler máis
Compartir: