CULTURA
Sábado e domingo, últimos días para ver "Lo real", de María Castellanos, na Zona C
A intervención Lo real, que podemos ver actualmente na Zona C, pecha este domingo 1 de febreiro. Está aberta ao público de 16:30 a 20:30 horas. María Castellanos propón a intervención Lo real, especificamente pensada para a Zona C, como resultado de ter gañado o segundo premio Auditorio de Galicia para novos artistas na convocatoria de 2013.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
Rematada a obra de mellora da rede de pluviais na rúa de Teo
A concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez, acompañada polos edís Luis Meijide e José María Rosende, visitou a rúa de Teo, onde o Concello realizou obras de mellora da rede de pluviais. Esta intervención supuxo un investimento de 57.179 euros.
ALCALDÍA
Agustín Hernández presentou en Fitur a oferta turística de pesca e excursións e a gastronomía de Área Santiago
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, presidiu a presentación de Área Santiago en Fitur 2015. No acto, celebrado no stand de Turismo de Galicia e no que tamén participaron os alcaldes de Silleda, Manuel Cuíña; O Pino, Manuel Taboada; e Vedra, Carlos Martínez, deuse a coñecer a ampla e diversa oferta turística desta zona, afondando nas tres principais liñas de acción para 2015: fomento do turismo de pesca; impulso á creación de excursións e paquetes turísticos polos concellos do...
ALCALDÍA
O dispositivo Past View Santiago permitirá ao visitante introducirse no pasado da cidade a través da realidade virtual
Fitur 2015 acolleu a presentación do proxecto Past View Santiago, un novo dispositivo que permitirá ao visitante a Santiago internarse no pasado da cidade a través de reconstrucións virtuais e realidade aumentada. Este proxecto, dispoñible na vindeira temporada de verán, nace da colaboración entre Turismo de Santiago e o Departamento de Innovación do Concello.
ALCALDÍA
A 2ª edición de Compostela Gastronómica celebrarase do 16 ao 21 de abril
Co obxectivo de converter a Compostela Gastronómica nunha marca permanente, nun xeito de identificar a Santiago como un destino gastronómico de primeiro nivel, en Fitur tamén se deron a coñecer algunhas pinceladas da vindeira edición deste evento, que se celebrará do 16 ao 21 de abril. Así o anunciou o alcalde, Agustín Hernández, nunha presentación acompañada dunha mostra da gastronomía da cidade, personificada nas creación dos cociñeiros Siro González,do Caney, e Lucía Freitas, da...
CULTURA
Últimos días para da mostra "Xulio Maside"
A exposición Xulio Maside, que se pode ver actualmente no Auditorio de Galicia, pecha as súas portas o domingo, 8 de febreiro. Está aberta ao público todos os días de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas e, como vén sendo habitual, pódense solicitar visitas guiadas previa reserva no teléfono 981 574 152 ou 981 574 153. Con esta mostra, o Auditorio de Galicia reivindica a figura deste artista, imprescindible na vida artística e cultural de Santiago de Compostela.
SEGURIDADE E MOBILIDADE
Bombeiros, Policía Local e Protección Civil participaron nun simulacro de accidente aéreo no aeroporto de Lavacolla
O aeroporto de Lavacolla acolleu na xornada do mércores un simulacro de accidente aéreo, no que participaron diferentes efectivos de emerxencias, como Bombeiros, Policía Local e Protección Civil.
ALCALDÍA
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España asinou convenios de colaboración con Iberia e Turespaña
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participou na Asemblea do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, celebrada nesta ocasión no pavillón de Andalucía en Fitur. Posteriormente, asistiu aos actos de sinatura de varios convenios promocionais do Grupo.
EXPOSICIÓN
Abertas as exposicións "Granell e a palabra" e "Colección surrealista de Granell"
A concelleira María Jesús Sáinz asistiu á inauguración no Museo Fundación Eugenio Granell de dúas novas exposicións sobre o universo do artista: Granell e a palabra e Colección surrealista de Granell. As mostras poderán visitarse ata o 21 de xuño.
SERVIZOS SOCIAIS
O Concello de Santiago incrementa nun 43% a achega a Proxecto Home, que alcanzará os 60.000 euros neste exercicio 2015
A concelleira de Servizos Sociais, María Corral, asistiu á inauguración das xornadas Entender, previr, tratar, que se celebran do 28 ao 30 de xaneiro no marco do XXV aniversario do programa Proxecto Home. No acto, celebrado na sede da entidade na rúa Cottolengo, a edil declarou a súa estima e consideración a Proxecto Home polo "transcendental papel que desenvolve na súa tripla vertente de prevención, rehabilitación e reinserción de persoas afectadas por calquera tipo de adición".