PROMOCIÓN ECONÓMICA
Promoción Económica imparte tres cursos destinados a usuarios do Proxecto Crear
As actividades formativa, ás que asisten 39 alumnos/as, son: Ofimática básica, Ofimática avanzada e Deseño de páxinas web. O obxectivo do programa é que accedan ao mercado laboral persoas con especiais dificultades de inserción ou reinserción.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Nace un taller de confección artesán de traxes tradicionais galegos
O taller "Lila Nuene" deseñará coleccións propias de traxes femininos inspirados na etnografía galega incluindo materiais de ourivería na súa ornamenación e nace ao abeiro do Proxecto Equal Compostela Social.
CULTURA
Novas actuacións no Festival D´Gorra da man de Circanelo e Corpo Corto
Ata o domingo seguiremos a desfrutar, tanto nenos como maiores, das divertidas actuacións que están percorrendo as prazas do Casco Histórico, dentro do Festival D'Gorra, e dos variados estilos músicais que nos trae o Feitoamán. Comezan as actuacións de Circanelo e Corpo Corto, dous grupos especializados na acrobacia mesturada con doses de humor para todos os públicos. Ademais repiten outros artistas, como Los Últimos ou Lupo, por se algún se perdeu o seu espectáculo en días pasados.
ALCALDÍA
O municipio italiano de Osimo invita ao concello compostelán a levar a cabo un irmandamento entre ambas cidades
Representantes do concello de Campocavallo di Osimo, na provincia italiana de Ancona, e do santuario B.V. Addolorata, situado na zona, acudiron ao Pazo de Raxoi, onde foron recibidos pola alcaldesa en funcións, Mar Martín. Os habitantes desta localidade italiana realizan cada ano a denominada "Festa del Covo", na que constrúen con espigas de trigo unha reprodución dalgún santuario de importancia. Este ano o monumento elixido foi a catedral de Santiago de Compostela por ser unha das referencias máis importantes da comunidade católica...
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Unha guía editada polo Concello permitirá aos emprendedores coñecer os elementos fundamentais á hora de poñer en marcha un negocio
O Concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou o contido das dez Microguías de Oportunidade de Negocio que elaborará o departamento que dirixe. As guías enmárcanse no conxunto de accións levadas a cabo a través do Plan de Excelencia Comercial, no eixo de actuación denominado Impulso de novas Iniciativas Comerciais.
CULTURA
Última oportunidade para ver algúns dos espectáculos do Festival D’Gorra
Chacovachi, Roi o Cagabolas e Maku Jarrak despídense o mércores das rúas de Compostela. Aínda poderemos velos ás 12:30 na Praza de Platerías, ás 17:30 na Quintana e ás 18:00 no Toural, respectivamente.
FESTIVAL D´GORRA
Máis música, humor e malabares nas rúas de Compostela a cargo dos festivais D’Gorra e Feito a Man
Comeza a segunda semana do Festival D´Gorra cun amplo abanico de actuacións nas diversas prazas do casco histórico compostelán. Entra as actividades programadas para pasar a tarde do luns temos ás 17:30 na Praza da Quintana o Show de Lupo; ás 18:00 na Praza do Toural invitaranos a bailar a actuación de Capuzzi & Stax; e media hora máis tarde, na Praza de Platerías, equilibrios e pallasada asegurada coa actuación de Maku Jarrak. Xa máis entrada a tardiña, ás 19:30 poderemos desfrutar na Praza da...
MÚSICA EN COMPOSTELA
A alcaldesa en funcións anima aos organizadores de Música en Compostela a seguir formando músicos vinculados a Santiago durante 50 anos máis
Mar Martín recibiu no Pazo de Raxoi aos participantes na edición número cincuenta do curso internacional Música en Compostela. A esta cita, que xa é habitual dentro do programa do curso, asistiron os 125 alumnos matriculados, o director da escola, Antonio Iglesias, e o presidente, Gerardo Fernández Albor.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Promoción Económica desenvolverá un curso sobre eficiencia enerxética
A actividade formativa está dirixida a persoas desempregadas con coñecementos de electrónica, electricidade, fontanería ou sistemas microinformáticos. Os/as 15 participantes recibirán formación sobre eficiencia enerxética en edificios e sobre auditorías enerxéticas e certificacións enerxéticas nas vivendas.
CULTURA
Cabaré, aéreos e moita diversión nas prazas para pechar a primeira semana do Festival D’Gorra
Conclúe a primeira semana do Festival D’Gorra cun amplo calendario de actividades nas praza do casco histórico compostelán. O cabaré, os espectáculos aéreos e un bo número de artistas poñen a nota de cor e divertida na fin de semana.