BENESTAR ANIMAL
Continúan as charlas sobre tenza responsable de animais nos centros socioculturais
A Concellaría de Benestar Animal está aproveitando as datas do Nadal para impartir charlas sobre tenza responsable de animais, en colaboración co club de fans Só lles Falta Falar. Para esta semana están previstas dúas sesións: o mércores 28, ás 11:00 horas, no Centro Sociocultural de Santa Marta, e o xoves 29, ás 19:30 horas, no Centro Sociocultural de Vite.
CONVIVENCIA
A Policía Local de Santiago custodia máis dun milleiro de obxectos perdidos
A Policía Local de Santiago custodia nas súas dependencias da Costa do Cristo máis dun milleiro de obxectos perdidos, á espera de seren entregados aos seus propietarios. Os teléfonos móbiles son maioría na lista de pertenzas extraviadas, na que tamén figuran numerosas carteiras, documentación e maletas.
FACENDA
O Goberno local presenta un proxecto de orzamentos para o 2017 expansivo, participativo e con marcado carácter ecosocial
A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, presentou esta mañá o borrador que o Goberno local elaborou para os orzamentos de 2017. Trátase dun proxecto coral resultado de varias xuntanzas e conversas cos partidos da oposición, nomeadamente BNG e PSOE.
NADAL 2016
Funk e soul para despedir o ano na praza do Obradoiro
O Concello anima á cidadanía a despedir o ano na praza do Obradoiro cunha gran festa na que a música será a protagonista. As celebracións comezarán ás 23:15 horas, con parada para as badaladas, que serán retransmitidas en directo pola Televisión de Galicia. Para cumprir coa tradición, o Concello repartirá mil bolsiñas con uvas e outras tantas bolsas de cotillón ás mil primeiras persoas en chegar á praza.