URBANISMO

A Comisión de Casco Histórico aproba a demolición da Casa da Xuventude

01/04/2014

A concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano Sostible, María Pardo, anunciou en rolda de prensa os acordos adoptados pola Comisión asesora do Casco Histórico, entre os que salienta a aprobación do derrubamento da Casa da Xuventude, ubicada na praza do Matadoiro, e da rehabilitación do Palacete do Espiño para equipamento municipal.

Ler máis

SEGURIDADE CIDADÁ

A Policía local controlou 2.250 vehículos no marco da campaña de vixilancia do uso do cinto e dos sistemas de retención infantil

01/04/2014

O concelleiro de Seguridade Cidadá e Mobilidade, Luis Bello, detallou os resultados da última Campaña de vixilancia e control de cintos e sistemas de retención infantil, realizada entre o 10 e o 16 de marzo, no marco dos controis promovidos pola Dirección Xeral de Tráfico. Os datos constatan un lixeiro aumento do número de infraccións no uso do cinto, resultando especialmente significativa a inexistencia de infraccións por ausencia de sistemas de retención infantil nos controis efectuados.

Ler máis
Compartir: