ALCALDÍA

Concello de Santiago e CESGA colaborarán en prol dunha cidade intelixente e da modernización dos servizos públicos

03/02/2014

O alcalde compostelán, Ángel Currás, realizou unha visita institucional ás instalacións da Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA). Acompañaron ao rexedor municipal nesta visita o presidente do CESGA e director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela Rey, e o director xerente da Fundación, Javier García Tobío.

Ler máis

CULTURA

A RFG, León Benavente, Andrea Motis, Quique González e a Banda Municipal, propostas musicais da semana

03/02/2014

Esta semana ofrece cinco propostas musicais na programación cultural do Concello. Como é habitual cada semana, haberá concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia o xoves no Auditorio e da Banda Municipal de Música o domingo no Teatro Principal. A elas únense outras tres propostas musicais: o xoves 6, León Benavente estarán na Zona C dentro do Compostela Rock, ciclo que tamén ofrece un concerto con Quique González o sábado 8 na Sala Capitol. E da man de Sons’14 Jazz chegan Andrea Motis & Joan Chamorro Group o...

Ler máis

CONSORCIO

A prestixiosa violinista Carolin Widmann dará clases a novos músicos galegos

03/02/2014

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) conta cun programa de formación permanente dirixido a novos intérpretes. No marco deste programa, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana, a recoñecida violinista alemá Carolin Widmann transmitirá os seus coñecementos sobre este instrumento de corda a todos os músicos galegos interesados, que poderán participar nas súas clases en calidade de oíntes.

Ler máis

DEPORTES

Sorteo para a Campaña de Esquí 2014

03/02/2014

O Concello e Santiago dispón de 37 prazas para participar na Campaña de Esquí que a Deputación da Coruña organiza na estación invernal de San Isidro (León), na quenda do 21 ao 23 de marzo de 2014.

Ler máis
Compartir: