CONSORCIO

A Real Filharmonía achega esta semana aos nenos o conto "Pedro e o lobo", de Prokofiev

19/02/2014

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) celebra esta semana dous concertos didácticos dirixidos a estudantes de primaria e secundaria. O primeiro será este xoves 20, ás 11:00 horas; e o segundo o venres 21, tamén ás 11:00 horas. Ademais, o sábado 22, ás 18:30 horas, a orquestra ofrecerá o mesmo recital, nesta ocasión dirixido ao público familiar. As tres citas terán lugar no Auditorio de Galicia.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS E RELACIÓNS VECIÑAIS

Cita en Santa Marta con "Imos ao baile"

19/02/2014

O sábado 22 de febreiro, a partir das 17:30 horas, na Sala Agustín Magán do Centro Sociocultural de Santa Marta, nova cita co programa Imos ao baile 2104, actividade para maiores promovida pola Concellería de Centros Socioculturais e Relacións Veciñais.

Ler máis

TURISMO

Máis de 60 restaurantes participan no primeiro Entroido Gastronómico dos Xenerais da Ulla

19/02/2014

A concelleira de Turismo de Santiago, Reyes Leis; o alcalde de Touro, Ignacio Codesido; o alcalde de Vila de Cruces, Jesús Otero; o concelleiro de Turismo de Vedra, Manuel Costa; Carlos Martínez; o concelleiro de Cultura da Estrada, Juan Constenla; e o concelleiro de Comercio de Silleda, Luis Rodríguez Vázquez, presentaron no Pazo de Raxoi o primeiro Entroido Gastronómico dos Xenerais da Ulla, que se celebrará en máis de 60 restaurantes dos concellos nos que ten lugar esta festividade tradicional, que se remonta á primeira metade do...

Ler máis

CULTURA

A opereta "Barbazul, unha sabotaxe amorosa" e a comedia "El gran día de la madre", propostas teatrais da semana

19/02/2014

No programa cultural para esta semana temos dúas obras de teatro na Zona C e no Auditorio Novagalicia Banco. Este mesmo xoves 20 poderemos ver a primeira das propostas, Barbazul, unha sabotaxe amorosa, opereta para clown e soprano dirixida por Marta Pazos e protagonizada por Mónica de Nut e Borja Fernández. Será na Zona C e repetirán función venres, sábado e domingo e a seguinte semana tamén de xoves a domingo. As funcións comezarán ás 20:30 horas, agás os domingos, que será ás 19:30...

Ler máis

CULTURA

O músico francés David Kadouch inaugura o VI Ciclo de Piano Ángel Brage

19/02/2014

O pianista francés David Kadouch inaugura este xoves o VI Ciclo de Piano Ángel Brage cun programa no que interpretará obras de Janácek, Bartók e Chopin. Será a partir das 21:00 horas no Auditorio de Galicia. As entradas para este concerto poden mercarse xa no despacho de billetes do Teatro Principal (de 18:00 a 21:00 horas) ou en Novagalicia Banco (web e teléfono). Ademais, o xoves estará aberta a billeteira do Auditorio dende as 18:00 horas ata a hora do concerto. O prezo é de 12 euros, 6 euros para estudantes e xubilados....

Ler máis
Compartir: