XUVENTUDE

Primeira final do Certame SantiAutor

14/02/2014

Celebrouse na Sala Sonar a primeira das tres finais do I Certame de Música SantiAutor para artistas noveis, organizado pola Concellería de Xuventude e a devandita sala. Nesta primeira xornada actuaron Fátima Baña, Yeyo, Adán Jorge e Rubén Artabe. A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, achegouse ata o concerto.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Chega a Santiago de Compostela a exposición conmemorativa do centenario das escolas oficiais de idiomas

14/02/2014

Con motivo do centenario da existencia das escolas oficiais de idiomas, a EOI de Santiago de Compostela, xunto coa Asociación de Profesorado de EOI de Galicia (APEOIGA), programaron a chegada a Galicia da exposición conmemorativa, que leva percorrendo a xeografía española dende o ano 2011. A mostra ficará en Compostela ata o 6 de marzo, antes de continuar o seu periplo por outras vilas e cidades galegas.

Ler máis

XUVENTUDE

Xuventude programa 15 novas accións formativas de febreiro a xullo

14/02/2014

A Concellería de Xuventude pon en marcha un novo calendario de actividades formativas entre os meses de febreiro e xullo. Impartiranse cursos en materias como a aprendizaxe de idiomas, a fotografía, a cociña ou a busca de emprego, entre outras. O prazo de matrícula para completar os diferentes cursos xa está aberto.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS E RELACIÓNS VECIÑAIS

Nova cita co programa "Imos ao baile"

14/02/2014

Este sábado 15 de febreiro, a partir das 17:30 horas, o Centro Sociocultural "Agustín Bueno" do Castiñeiriño, acolle unha nova cita co programa Imos ao baile 2104, actividade para maiores promovida polas concellerías de Centros Socioculturais e de Relacións Veciñais.

Ler máis

URBANISMO E SEGURIDADE CIDADÁ

O Concello reurbanizará Quiroga Palacios

14/02/2014

A concelleira de Urbanismo, María Pardo, anunciou que o seu Departamento acometerá nos vindeiros meses a reurbanización da rúa Quiroga Palacios. Así llo comunicou aos representantes das asociacións veciñais Amigos de San Pedro e A Xuntanza, do barrio de San Pedro. A edil compareceu en rolda de prensa acompañada de Cecilia Sierra, concelleira de Seguridade Cidadá en funcións, quen ofreceu o balance de danos do último temporal de vento e chuvia.

Ler máis

CULTURA

Joaquín Reyes presenta o seu espectáculo "¡Que me aspen!" dentro do ciclo Falabaratos

14/02/2014

Joaquín Reyes estará este sábado en Compostela dentro do ciclo Falabaratos. O cómico albaceteño presentará o seu último espectáculo, ¡Que me aspen!, cheo de novidades e sorpresas, ás 20:00 horas no Teatro Principal. As entradas, a 20 euros (15 € no anfiteatro), poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18:00 a 21:00 horas), en entradas.novagaliciabanco.es ou no 902 434 443.

Ler máis

CULTURA

Rock ruso na Zona C da man de Motorama

14/02/2014

Dende unha das escenas musicais más descoñecidas de Europa, a rusa, chega por primeira vez a Galicia Motorama. Será este domingo, a partir das 20:30 horas, na Zona C, enmarcado dentro do ciclo Compostela Rock. As entradas teñen un custo de 9 euros anticipada e 12 o día do concerto e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas), en Ticketea, A Reixa Tenda e na propia Zona C o día do concerto dende as 19:00 horas.

Ler máis

TURISMO

Aberto Retro Galicia 2014, IV Salón do Vehículo Clásico e de Época

14/02/2014

O recinto feiral de Amio recibe un ano máis os afeccionados ao motor de Galicia e norte de Portugal os días 14, 15 e 16 de febreiro en Retro Galicia 2014, IV Salón do Vehículo Clásico e de Época. A Concellería de Economía, Comercio, Turismo e Mercados colabora con este certame, organizado pola empresa Eventos del Motor.

Ler máis
Compartir: