URBANISMO

O novo alumeado na rúa Alfredro Brañas permitirá un aforro anual de 12.000 kW e a redución de 5,95 t nas emisións de CO2

10/02/2014

A concelleira de Urbanismo, María Pardo, presentou o proxecto de substitución de luminarias nas instalacións de alumeado público da rúa Alfredo Brañas. Este actuación, adxudicada por un importe de 22.345 euros máis IVE e un prazo de execución de sete semanas, permitirá un importante aforro enerxético e unha redución do impacto medioambiental.

Ler máis

CULTURA

David Kadouch, Andrea Baccheti e Cédric Tiberghien no VI Ciclo de Piano Ángel Brage

10/02/2014

O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou o VI Ciclo de Piano Ángel Brage acompañado de Maximino Zumalave, un dos maiores impulsores do ciclo. Na programación desta sexta edición poderemos escoitar aos pianistas David Kadouch, o 20 de febreiro; Andrea Baccheti, o 13 de marzo; e Cédric Tiberghien o 30 de abril. Todos os concertos serán ás 21:00 horas no Auditorio de Galicia.

Ler máis

TURISMO

O Plan Integral de Turismo de Galicia aposta pola consolidación do Camiño como eixe vertebrador das novas alternativas turísticas

10/02/2014

O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu na Cidade da Cultura á presentación do Plan Integral de Turismo de Galicia xunto coa concelleira de Turismo, Reyes Leis. Este programa aposta pola consolidación do Camiño de Santiago como eixe vertebrador das novas alternativas de turismo e reclamo de Galicia nos mercados internacionais a través dun Plan Director, da diversificación da oferta e da introdución das novas tecnoloxías.

Ler máis

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Xornada de formación do Club de Debate

10/02/2014

Este martes, 11 de febreiro, vai ter lugar a xornada de formación do Club de Debate 2014. Comezará ás 9:30 e rematará ás 13:30 horas no Pazo da Peregrina en Bertamiráns.

Ler máis
Compartir: