FESTAS

Todo listo para recibir os Reis Magos

03/01/2014

Xornada especial un Nadal máis para recibir os Reis Magos o vindeiro domingo, 5 de xaneiro. Pola mañá, concerto infantil de Reis da Banda Municipal no Principal e, pola tarde, a tradicional cabalgata dende a estación de ferrocarril ata o Pazo de Raxoi, onde Melchor, Gaspar e Baltasar recibirán a todos os nenos e nenas.

Ler máis

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Abel Vidal, Uxía Iglesias e Iria Estévez gañan o II Concurso de Cartas de Reis

03/01/2014

A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, deu a coñecer os tres gañadores da segunda edición do Concurso de Cartas de Reis, destinado a promover o uso da lingua galega nestas datas de Nadal. As tres cartas máis orixinais do certame, ao que se presentaron máis de 1.100 cartas, foron as de Abel Vidal Mansilla (4 anos), Uxía Iglesias Saco (6 anos) e Iria Estévez Colmenero (8 anos).

Ler máis

REHABILITACIÓN

Unha nova web descubre as claves da fortaleza da Rocha Forte dun xeito visual, didáctico e interactivo

03/01/2014

"Esta é a historia dun castelo maldito, o castelo máis grande de Galicia e que ninguén recorda xa". Así dá a benvida aos visitantes a nova páxina web sobre o Castelo da Rocha Forte: rochaforte.info, unha invitación a coñecer a historia, os acontecementos, os espazos, os personaxes e os obxectos desta fortaleza, fundamental para entender a historia de Santiago e de Galicia.

Ler máis
Compartir: