TURISMO

Santiago supera por segundo ano consecutivo o récord de pernoctacións internacionais na cidade

29/01/2014

As pernoctacións internacionais continuaron crecendo en Santiago durante o ano 2013 ata marcar por segundo ano consecutivo un novo récord do turismo internacional na cidade, segundo apuntou a concelleira de Turismo, Reyes Leis, nunha rolda de prensa de valoración dos datos turísticos do ano 2013. As pernoctacións foráneas en Santiago alcanzaron as 447.188 en 2013, que representan un crecemento do 7,2% respecto a 2012, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE).

Ler máis

PATRIMONIO

Reunión da Comisión de Patrimonio e Cidade do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España

29/01/2014

A concelleira de Urbanismo, Vivenda, Rehabilitación, Cidade Histórica e Patrimonio, María Pardo, participou na sede da Federación Española de Municipios e Provincias en Madrid na reunión da Comisión de Patrimonio e Cidade do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. A reunión estivo presidida por Miguel Ángel Nieto, alcalde de Ávila e presidente desta Comisión, e contou coa asistencia dos dous coordinadores da Comisión: Carmen Crespo, concelleira de Patrimonio do Concello de Tarragona, e...

Ler máis

RELACIÓNS VECIÑAIS

O Concello repartirá máis de 57.000 euros entre 42 entidades veciñais

29/01/2014

O concelleiro de Relacións Veciñais, Francisco Noya, deu conta do acordo de Xunta de Goberno relativo ás subvencións veciñais do 2013, onde se repartiron un total de 57.551,82 euros entre 42 entidades veciñais. Das 43 solicitudes presentadas ás que se lles concedeu a axuda (todas as que a pediran), completaron a fase de xustificación 42 delas. A cada unha destas entidades veciñais comunicaráselles de xeito individualizado nos vindeiros días a cantidade a percibir finalmente.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS E RELACIÓNS VECIÑAIS

Ábrese o programa "Imos ao baile 2014"

29/01/2014

O sábado 1 de febreiro abrirase unha nova edición do programa para maiores Imos ao baile, promovido pola Concellería de Centros Socioculturais e Relacións Veciñais. Será cun baile a partir das 17:30 horas na Casa das Asociacións de Cornes (rúa de Manuel Beiras, 3).

Ler máis

ALCALDÍA

Aberta a exposición "Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre"

29/01/2014

O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu á inauguración da mostra Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre, un proxecto no que colaboran o Concello de Santiago, a familia de Carlos Maside e a Fundación Novacaixagalicia. O acto, desenvolveuse na sala de exposicións do Centro Cultural da Fundación, onde está disposta a exposición, e contou tamén coa presenza de Xulio Maside, sobriño do artista e representante da familia; e Pedro Otero, xerente da Fundación...

Ler máis

CULTURA

Los Secretos ofrecen un novo concerto en Santiago de Compostela o 3 de abril tras esgotarse as entradas para o día 4

29/01/2014

Los Secretos amplían a súa presenza en Santiago logo da gran demanda que están a ter as entradas para o seu directo, que xa obrigara por aforo a cambiar o emprazamento do Teatro Principal ao Auditorio Novagalicia Banco. Aínda que faltan dous meses, os tickets para o concerto do venres 4 de abril vendéronse por completo e a banda decidiu sumar unha nova cita na cidade o xoves 3.

Ler máis
Compartir: