XUVENTUDE E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Máis de 150 estudantes estranxeiros universitarios xa se inscribiron no programa "Busco parella...lingüística"

18/09/2013

A concelleira de Xuventude e Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, lembrou que segue aberta a inscrición no Programa de Intercambio Lingüístico Busco parella...lingüística, posto en marca polo Concello en colaboración coa USC. Precisamente, grazas á información ofrecida na xornada de benvida aos alumnos estranxeiros que se incorporan á USC, xa son máis de 150 os estudantes anotados no programa.

Ler máis

SEGURIDADE CIDADÁ

Redución significativa das infraccións polo non uso do cinto de seguridade e de sistemas de retención infantil nos vehículos

18/09/2013

O concelleiro de Seguridade Cidadá e Mobilidade, Luis Bello, detallou os resultados da última Campaña de vixilancia e control de cintos e sistemas de retención infantil, realizada entre o 9 e o 15 de setembro, no marco dos controis promovidos pola Dirección Xeral de Tráfico. Os datos constatan unha redución do número de infraccións, resultando especialmente significativa a inexistencia de infraccións por ausencia de sistemas de retención infantil nos controis efectuados.

Ler máis

CULTURA

Posponse ata o luns 23 o concerto inagural da temporada de Real Filharmonía por un problema de saúde do barítono Simón Orfila

18/09/2013

O concerto de inauguración da nova temporada de abono do Auditorio de Galicia e a Real Filharmonía, previsto para este xoves 19 no Auditorio tense que cancelar por unha indispoñibilidade vocal duns dos seus principais protagonistas, o barítono Simón Orfila. O recital, que se centrará en arias de óperas dos máis grandes compositores deste xénero, Mozart, Rossini e Donizetti (Don Giovanni, O barbeiro de Sevilla, Lucrezia Borgia ou Anna Bolena, entre outras), terá lugar o luns 23 de...

Ler máis
Compartir: