CENTROS SOCIOCULTURAIS
"Imos de excursión" oferta 19 viaxes e máis de 1.500 prazas ao longo do 2013
O concelleiro de Participación Cidadá e Centros Socioculturais, Francisco Noya, presentou a oitava edición do programa Imos de excursión. Nesta ocasión ofértanse nove excursións e dez viaxes de varios días, nas que poderán participar ata 1.500 persoas.
ALCALDÍA
Concello de Santiago e Foro Cívico coinciden na necesidade de potenciar Lavacolla como aeroporto de referencia de Galicia
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis, reuníronse en Raxoi co presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey, e con outros representantes do Foro Cívico. O encontro serviu para analizar a folla de ruta formulada por este colectivo para potenciar o aeroporto de Lavacolla
FACENDA
O Concello efectúa o pago de máis de 800.000 euros de subvencións nominativas e de concorrencia competitiva
A concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, informou que se vén de pagar ás diferentes entidades sociais, culturais, deportivas, veciñais e empresariais da cidade as cantidades que lle correspondían por subvencións nominativas do exercicio 2012. En total, ingresáronse 820.000 euros, aos que hai que sumar outros 50.000 derivados das subvencións no marco do Pacto polo Emprego.
DEPORTES
Santa Isabel acolle a segunda fase do Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas Femininas sub 16 e sub 18
O campo municipal de Santa Isabel acollerá o venres 8 e o sábado 9 a segunda fase do Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas Femininas nas categorías sub 16 e sub 18. Galicia disputará o torneo xunto cos combinados de Aragón, Estremadura e Madrid.
CULTURA
The Brew, por primeira vez en Compostela dentro do ciclo Blues Nite
O ciclo Blues Nite presenta en concerto a The Brew, que están por primeira vez en Compostela. Será nun concerto na Zona C o mércores 6, a partir das 21:00 horas. Despois de The Brew estarán no Blues Nite, o 7 de maio, a divertida e desenfadada proposta dos mexicanos Mighty Calacas, fusionada co blues do que probablemente é a gran figura internacional do blues galego, o compostelán Marcos Coll.
ALCALDÍA
Nova xunta directiva na Cociña Económica
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu no Arcebispado á toma de posesión da nova xunta directiva da Cociña Económica.
CONSORCIO
Unha nova publicación do Consorcio explica as claves do barroco en Compostela
O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Ángel Currás, presentou a última publicación deste organismo, Vega y Verdugo, Peña de Toro y la introducción del barroco en Compostela. A presentación incluíu unha breve conferencia a cargo do autor, Simón Vicente.