EDUCACIÓN

O programa ENCIENDE promoverá a aprendizaxe da ciencia entre os escolares dos centros de ensino de Santiago

06/11/2013

Os centros escolares de Santiago desenvolverán este curso o programa "ENCIENDE. Ensino das ciencias na didáctica escolar", un proxecto da Confederación de Sociedades Científicas de España (COSCE), financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade. O seu obxectivo é fomentar a aprendizaxe da ciencia entre o escolares dos centros de ensino de Santiago, ata os 14 anos, coa idea de transmitir aos máis novos a importancia do traballo científico, introducilos na súa metodoloxía e mesmo fomentar as...

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Nova cita con Compostela Cine Classics

06/11/2013

A Sala Agustín Magán, no Centro Sociocultural de Santa Marta acolle a penúltima proxección do programa Compostela Cine Classics 2013. Será este venres, 8 de novembro, ás 20:30 horas.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Centros Socioculturais e Ditea homenaxean ao director compostelán Agustín Magán

06/11/2013

O alcalde, Ángel Currás, e o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, asistiron ao acto de homenaxe ao actor e director teatral Agustín Magán (1918-1998) na sala que leva o seu nome no Centro Sociocultural de Santa Marta. Esta cerimonia forma parte da Semana Agustín Magán, que se celebra ata o 9 de novembro.

Ler máis
Compartir: