ALCALDÍA

Angrois inaugura cruceiro en lembranza das vítimas do accidente ferroviario

29/11/2013

Este sábado, ás 17:30 horas, inaugurarase no campo da festa de Angrois o novo cruceiro da parroquia, en lembranza ás vítimas do accidente ferroviario do 24 de xullo. O alcalde compostelán, Ángel Currás, presidirá a cerimonia, á que tamén asistirán outros membros da Corporación. A continuación celebrarase un magosto organizado pola Asociación de Veciños da parroquia, coa colaboración do grupo de gaitas e pandereteiras da Colexiata de Sar.

Ler máis

TURISMO

Turismo de Santiago estrea logo

29/11/2013

A concelleira de Turismo, Reyes Leis, presentou o novo logo de Turismo de Santiago. Trátase dunha imaxe composta de tres elementos. O central e máis destacado é o propio nome da cidade, Santiago de Compostela. O segundo, na parte superior, un esbozo da Catedral vista dende a Alameda, cunha perspectiva máis ampla que a imaxe tradicional dende o Obradoiro. O terceiro elemento, na parte inferior, é Turismo, que sirve para situar a empresa municipal como a entidade encargada da promoción turística da cidade.

Ler máis

ALCALDÍA

A Asociación Cultural Francisco Asorey prepara os actos do 125º aniversario do nacemento do artista

29/11/2013

O alcalde compostelán, Ángel Currás, reuniuse en Raxoi coa presidenta da Asociación Cultural Francisco Asorey, María del Carmen Asorey; co seu vicepresidente, José Manuel Asorey, e co secretario da entidade, Vicente Pérez. Na xuntanza, a Asociación propúxolle ao alcalde a súa participación como membro da comisión creada para organizar os actos do 125º aniversario do nacemento do artista. Entre outras actividades, está prevista a realización dunha exposición durante o 2014 en Santiago...

Ler máis
Compartir: