TURISMO

A Cidade da Cultura acolle o Viñerón 2013

27/11/2013

A concelleira de Turismo, Reyes Leis, e o director do Instituto Galego do Viño, Xoan Cannas, presentaron no Pazo de Raxoi, a segunda edición de Viñerón, que terá lugar na Cidade da Cultura o sábado 30 de novembro. Viñerón defínese como unha "quedada" vitivinícola, un novo concepto de feira vitivinícola adaptada ás demandas dos apaixonados do viño, propiciando o encontro directo entre 20 dos mellores viticultores da vangarda creativa europea e afeccionados chegados de toda...

Ler máis

CULTURA

Os Premios Auditorio de Galicia para novos artistas chegan á súa oitava edición

27/11/2013

Os premios do Auditorio de Galicia para novos artistas, cumpren este ano a oitava edición. Comezaron a celebrarse con carácter anual, no ano 2001, para pasar a ser bienais, propiciando un tempo imprescindible, tanto para dar cabida a novos artistas como para permitir aos que se veñen presentando as sucesivas edicións, afondar nas liñas de traballo. A nova convocatoria foi presentada en rolda de prensa polo alcalde, Ángel Currás, e polo director-xerente do Auditorio, José Víctor Carou.

Ler máis

CONSORCIO

O alcalde visita catro das sete fontes históricas restauradas na cidade

27/11/2013

A Oficina Técnica do Consorcio de Santiago promoveu a restauración de sete fontes históricas da cidade. O alcalde compostelán, Ángel Currás, acompañado da xerente do Consorcio, María Antón, e da concelleira de Urbanismo, María Pardo, visitaron catro delas para comprobar os resultados dos traballos. Trátase das fontes de Fonseca, Fonte Sequelo, Virxe da Cerca e Porta do Camiño. Ademais, restauráronse as de San Martiño Pinario, Toural e Santa Clara. O proxecto, cun orzamento global de 93.083 euros,...

Ler máis

SEGURIDADE CIDADÁ

Os controis efectuados a 59 vehículos de transporte escolar deixan un balance de unicamente seis infraccións leves

27/11/2013

Do 4 ao 10 de novembro, a Policía Local efectuou unha campaña de vixilancia e control do transporte escolar dos centros educativos da cidade. Dos 59 vehículos inspeccionados, en só seis se detectou unha infracción leve, por ausencia dunha autorización administrativa especial para transporte escolar outorgada pola Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia.

Ler máis

ALCALDÍA

Avanzan ao ritmo previsto as obras de reurbanización da rúa de San Pedro

27/11/2013

O alcalde compostelán, Ángel Currás, visitou as obras na rúa de San Pedro, constatando que "avanzan de acordo co previsto", coa previsión de que "a finais de febreiro, a obra estea rematada, e mesmo estea incorporado o novo mobiliario urbano". Neste sentido, de favorecer o clima, non descartou que se poida adiantar a conclusión dos traballos.

Ler máis
Compartir: