SOSTIBILIDADE

Unha auditoría analizará 28.000 puntos de alumeado público e marcará as directrices para unha maior eficiencia enerxética

15/11/2013

Unha auditoría enerxética analizará 28.000 puntos de luz do alumeado público e 645 postos de mando, co obxectivo de marcar as directrices para un maior aforro enerxético e un incremento da sostibilidade. Este estudo será fundamental cara a elaboración do prego do contrato de mantemento da iluminación pública e para determinar os investimentos necesarios nesta materia. O obxectivo do Goberno local é lograr máis dun 40% de aforro na factura eléctrica.

Ler máis

ALCALDÍA

A Fundación Barrié recibiu o Premio do Grupo de Cidades Patrimonio polo seu labor de mecenado cara a Catedral de Santiago

15/11/2013

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España entregou nun acto celebrado no patio da Casa Lis de Salamanca o premio Patrimonio 2013 á Fundación Barrié, polo seu mecenado e compromiso pola recuperación e conservación do patrimonio a través do Programa Catedral de Santiago, protagonizado polo proxecto de conservación e restauración do Pórtico da Gloria. O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu á cerimonia.

Ler máis
Compartir: