DEPORTES

O Concello substituirá o campo de fútbol de terra a carón do Hospital Psiquiátrico de Conxo por outro de herba sintética

12/11/2013

O alcalde compostelán, Ángel Currás, asinou un acordo coa conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, sobre a concesión demanial dos espazos deportivos existentes no Hospital Psiquiátrico de Conxo. O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asistiu tamén na Consellería de Sanidade a este acto de sinatura, que fai posible que o Concello asuma o acondicionamento destas instalacións.

Ler máis

BENESTAR SOCIAL

As Aulas da Terceira Idade incorporan novas actividades en Santiago este curso 2013-2014

12/11/2013

A Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos inaugurou o curso 2013-2014 das Aulas da Terceira Idade de Galicia (Ategal). O acto, celebrado no Colexio Maior San Agustín, contou coa presenza da concelleira de Benestar Social, María Castelao; da secretaria xeral de Política Social da Xunta de Galicia, Coro Piñeiro; e do vicerrector de Estudantes, Cultura e Formación Continua da Universidade de Santiago, Francisco Durán. A coordinadora xeral de Ategal, Paula Sande Nieto, presentou o novo curso e o presidente da entidade,...

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio de Santiago inicia a restauración do retablo pétreo da fachada principal do convento das Nais Mercedarias

12/11/2013

O Consorcio de Santiago está a iniciar os traballos de restauración do retablo pétreo da fachada principal do convento das Nais Mercedarias. As obras adxudicáronse á empresa Tomos, centrada na conservación e restauración arqueolóxica. O equipo técnico está integrado por tres restauradores, que contarán coa colaboración puntual dalgún canteiro. Está previsto que os traballos, que dispoñen dun orzamento de 19.904 euros, estean rematados en tres meses.

Ler máis

CULTURA

Ton Risco Quinteto en concerto dentro dos ciclos Sons’13 Jazz e Cineuropa Concerto

12/11/2013

O ciclo Sons ’13 ofrece este mércores 13 un novo concerto na Zona C dentro da súa sección Sons’13 Jazz. Será con Ton Risco Quinteto, que presenta o seu novo disco, Impronunciable. O concerto está enmarcado tamén no programa Cineuropa Concerto. As entradas para o mesmo poden mercarse na billeteira do teatro principal no seu horario habitual e na Zona C o mesmo día do concerto. Os prezos son de 5 euros anticipada; 6 o día do concerto e un prezo especial de 10 euros por entrada+CD.

Ler máis

CULTURA

Primeiro pase de "Quai d’Orsay", premio FIPRESCI e mellor guión en San Sebastián, nunha nova xornada de Cineuropa

12/11/2013

Continúa a programación diaria de Cineuropa e na xornada do mércores 13 poderemos ver un total de 12 filmes no Teatro Principal, Salón Teatro e CGAC. Entre eses filmes, pasarase a primeira función de Quai d’Orsay, o filme de Bertrand Tavernier que vén de gañar en San Sebastián o Premio FIPRESCI da crítica e o mellor guión. Ademais, teremos a última oportunidade para ver outro dos filmes premiados en San Sebastián: La Herida, de Fernando Franco, e Camille Claudel, 1915, de Bruno...

Ler máis
Compartir: