ECONOMÍA

Concello, Cámara e Fundación Incyde colaborarán na creación e consolidación de pequenas e medianas empresas

08/10/2013

A concelleira de Economía, Emprego, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis; o presidente da Cámara de Comercio de Santiago; Jesús Asorey, e o director da Fundación Instituto Cameral para a Creación e Desenvolvemento da Empresa (Fundación Incyde), Javier Collado, asinaron un convenio de colaboración para a posta en marcha dun programa para a creación e consolidación de empresas e autoemprego.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde reitera a aposta municipal polo reforzo das rutas actuais en Lavacolla e pola apertura de novos destinos internacionais

08/10/2013

O alcalde compostelán, Ángel Currás, anunciou que nas vindeiras semanas vai manter reunións con varias compañías aéreas, co fin de coñecer os seus plans de para o aeroporto de Lavacolla e de formularlles propostas municipais ao respecto. Neste sentido, indicou que aposta do Concello pasa por reforzar rutas as rutas xa existentes e pola apertura de destinos internacionais "clave".

Ler máis

TURISMO

Santiago participa en Polonia na conferencia "Turismo relixioso como un elemento de integración intercultural"

08/10/2013

Turismo de Santiago participa na conferencia sobre "Turismo relixioso como un elemento de integración intercultural" que se celebra en Cracovia entre o 8 e o 10 de outubro. Turismo de Santiago acude a conferencia convidado polo Concello da cidade polaca e aproveitará a ocasión para amosar a colaboración entre Santiago e Tanabe, destinos das dúas rutas de peregrinación declaradas Patrimonio da Humanidade pola Unesco, o Camiño de Santiago e o Kumano Kodo.

Ler máis

CULTURA

O Festival Under Eighteen volve por segundo ano consecutivo a Compostela

08/10/2013

O Festival Under Eighteen (máis coñecido como U18) naceu co propósito de crear alternativas musicais para os menores de 18 anos, como unha proposta de lecer para os máis novos, que poden gozar en directo dos seus artistas favoritos en horarios adecuados e en recintos onde está prohibida a venda de bebidas alcohólicas e de tabaco. Esta iniciativa volve a Compostela da man da Concellería de Cultura e a produtora Sweet Nocturna tras o éxito da edición de 2012.

Ler máis
Compartir: