ALCALDÍA

"Os coros galegos" e "Traxe de montañesa" gañan os Premios Antonio Fraguas

14/12/2012

O alcalde compostelán, Ángel Currás, presidiu a entrega dos XVIII Premios Antonio Fraguas de investigación sobre o traxe galego, organizados pola Asociación do Traxe Galego en colaboración co Concello e co Centro Comercial Compostela. Nesta ocasión, os gañadores foron Félix Ángel Boullosa, con Os coros galegos (conservadores do traxe tradicional), na categoría de traballos analíticos, e José María Cebeiro e Xosé Francisco Noia, con Traxe de montañesa, na modalidade...

Ler máis

EMPREGO

A Axencia Local de Colocación programa novas accións formativas para orientar a desempregados na busca de traballo

14/12/2012

A concelleira de Benestar Social e Traballo, Paula Prado, presentou unha serie de accións formativas do programa Condúce-T ao emprego, que se desenvolverán ao longo da vindeira semana no edificio CERSIA. As sesións de orientación laboral están dirixidas a desempregados e incluirán tanto sesións teóricas como visitas a empresas de diversos sectores da área de Santiago.

Ler máis

CULTURA

Aberto o prazo de inscrición para a edición 2013 do festival Curtocircuíto

14/12/2012

Xa está aberto o prazo para participar no X Curtocircuíto, Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, que organiza o Departamento de Cultura e que se celebrará do 23 ao 28 de abril de 2013 en varios espazos da cidade. Todos os que queiran inscribir as súas curtametraxes poden facelo a través da rede, sendo a data límite para facelo o 10 de febreiro de 2013.

Ler máis

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

A autoescola Mata, a empresa de lingua de signos Galensigna e a asociación Hostalería Compostela, reciben o Premio Manuel Beiras

14/12/2012

O Concello e a Cámara de Comercio entregaron os galardóns da décimo terceira edición do Premio Manuel Beiras. O acto, celebrado no edificio CERSIA, estivo presidido polo alcalde compostelán, Ángel Currás; o presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey; a concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez; e o secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García; e contou coa asistencia de personalidades do mundo político, empresarial e...

Ler máis
Compartir: