ALCALDÍA
O alcalde reúnese con representantes sindicais para analizar a situación da terminal de carga do aeroporto de Lavacolla
O alcalde, Xerardo Conde Roa, recibiu en Raxoi unha delegación de UGT Compostela, encabezada polo seu secretario xeral, Antonio García. O tema da xuntanza foi o peche da terminal de carga de Lavacolla ao abandonar a mesma a empresa que a viña explotando.
ALCALDÍA
Conde Roa destaca a proxección cultural que suporía para Santiago ser sede do Womex
Os organizadores do Womex (World Music Expo) están estes días en Santiago para coñecer a cidade, que opta a organizar esta feira –a máis importante no ámbito das músicas do mundo- a partir do ano 2014. Un día despois de visitar a Cidade da Cultura, que podería ser un dos espazos centrais da feira, os representantes da mesma foron recibidos en Raxoi polo alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa.
CULTURA
DJ e proxeccións en Curtocircuíto na Rúa e danza tradicional no Festival dos Abrazos
O Festival dos Abrazos está celebrando as súas últimas xornadas. Así, xoves 25, os galegos Ultreia ofrecen a súa danza tradicional a partir das 20:00 horas na praza do Toural (se chove será no Teatro Principal) e en Praterías teremos o último Curtocircuíto na Rúa desta edición dos Abrazos: ás 21:15 horas co DJ Amn3m3sis e a partir das 22:30 h proxeccións de Volta ao mundo (se chove, estas dúas actividades trasládanse á Praza de Abastos).