UMAD
Os usuarios da UMAD realizan unha curta sobre a dificultade de tomar decisións
A concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín, presentou a curtametraxe Buxaina, realizada polos usuarios da Unidade Municipal de Atención ao Drogodependente (UMAD), actividade que se inclúe no programa socieducativo do centro.
CULTURA
Cineuropa premia a ollada diferente cos máis desfavorecidos do director arxentino Pablo Trapero
O director arxentino Pablo Trapero recibiu de mans do alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, o Premio Cineuropa 2008 en recoñecemento á súa traxectoria. Tras a gala de entrega, presentada pola actriz Camila Bossa e amenizada polo Cuarteto de Chelos da Real Filharmonía de Galicia, proxectouse o último filme do realizador, Leonera.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Os emprendedores teñen unha nova cita en Compostela
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou a III Xornada Emprende en Compostela, que se celebrará o 2 de decembro no Pazo de Exposicións e Congresos de Galicia. O obxectivo da xornada, enmarcada no programa Compostela Activa, é fomentar a cultura emprendedora mediante un encontro no que participan distintas organizacións vinculadas ao emprendemento e ao desenvolvemento do emprego en Santiago.
RELACIÓNS VECIÑAIS
O alcalde deulle a coñecer ao Consello de Relacións Veciñais os plans municipais para a creación de solo industrial
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu na Casa do Concello o Consello de Relacións Veciñais. Nesta reunión, os veciños foron informados dos plans municipais en canto a dotación de solo industrial previstos no recentemente aprobado Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) e dos que xa están en marcha.
ALCALDÍA
Os proxectos da cooperación galega no exterior, recollidos nunha exposición itinerante
"Achégate! é o título dunha exposición itinerante que amosa os proxectos levados a cabo no Sur pola Cooperación Galega. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou esta mostra no seu paso por Santiago, acompañado pola directora xeral de Cooperación Exterior da Xunta, Fabiola Sotelo.
CULTURA
Chega a Cineuropa 2008 "Blindness", a última creación do cineasta brasileiro Fernando Meirelles
Na xornada do xoves 20 de novembro chega á pantalla do Teatro Principal Blindness, un dos filmes máis agardados da tempada cinematográfica. O Festival Cineuropa ofrece aos afeccionados ao cinema de Compostela a oportunidade de gozar da última creación de Fernando Meirelles, autor, entre outros filmes, de Cidade de Deus.