XUNTA DE GOBERNO
Melloras nas redes de saneamento e abastecemento da rúa Ricardo Carvalho Calero e en Vidán
Entre os acordos da Xunta de Goberno do martes 28 de outubro destacan, entre outros, a aprobación de obras de abastecemento e saneamento nas rúas Carvalho Calero en Vidán, a posta a disposición do Ministerio de Vivenda dos terreos e instalacións para a realización da obra de remodelación da Praza de Abastos, ou o reparto de máis de 260.000 euros entre os clubs federados da cidade.
CONSORCIO
Un proxecto de rehabilitación en Lempira (Honduras) logra o Premio Santiago de Compostela de Cooperación Urbana 2008
O xurado do Premio Santiago de Compostela de Cooperación Urbana, decidiu designar o proxecto de rehabilitación do Mercado Municipal da cidade de Gracias, na hondureña rexión de Lempira, como gañador entre un total de 37 proxectos presentados.
ALCALDÍA
Bonaval, parque literario
O Parque de Bonaval foi declarado "Bonaval-Literario" e así será recoñecido cunha placa, segundo indicou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, no acto de declaración. O profesor Xesús Alonso Montero foi o encargado de proclamar este recoñecemento.
EMPREGO
Os cursos FIP impartidos pola Concellaría de Promoción Económica remantan con 30 insercións laborais
Ata 30 persoas das 99 que cursaron o Plan FIP (Formación e Inserción Profesional) impartido pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo accederon ao mercado laboral, o que representa o 30% do total.
MEDIO AMBIENTE
Os alumnos do curso de soldadura da forGA doan unha estatua de Castelao á cidade de Santiago
A concelleira do Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel, Elvira Cienfuegos, participou no acto de doazón ao municipio de Santiago dunha escultura da figura de Castelao, situada no Parque de San Lázaro. O evento foi organizado pola delegación en Compostela da Fundación para a Orientación Profesional, a Investigación e o Desenvolvemento Tecnolóxico, o Emprego e a Formación en Galiza (forGA).