ALCALDÍA
A conxelación da taxa do lixo sitúa o incremento real das tarifas públicas nun 3%
Na súa rolda de prensa semanal, o alcalde aludiu ás ordenanzas fiscais para 2009, aprobadas o luns 6 pola Xunta de Goberno. Aclarou que a suba real é do 3%, malia a aplicación do 4,9% do IPC, xa que a tarifa máis importante, a do lixo –que supón uns 6 millóns de euros, non sube. En calquera caso, recordou Sánchez Bugallo que a suba do IPC coincide coa revisión polo mesmo concepto da maioría de contratos do Concello.
ALCALDÍA
O alcalde reitera o seu convencemento respecto ao teleférico e o apoio ao proxecto de todos os axentes sociais da cidade
"Contento e moi convencido da nosa posición". Así se manifestou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, tras a súa reunión co director do Centro Mundial do Patrimonio, Francesco Bandarin. Neste sentido, reiterou "a necesidade desta proposta", que responde "ao reto da cidade de integrar a Cidade da Cultura no tecido urbano".
EDUCACIÓN
A escola infantil do Polígono do Tambre, lista para o curso 2009-2010
A concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, visitou as obras da escola infantil do Polígono do Tambre. Segundo indicou, a previsión é que o edificio estea listo en sete ou oito meses, co obxectivo de que a escola poda abrir as súas portas no curso 2009-2010.
ALCALDÍA
Os rapaces de Santiago contarán cun novo espazo para actividades lúdicas e de coñecemento do medio na primavera
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou esta mañá a antiga escola rural da Portela (Figueiras), que alberga a Aula de Coñecemento do Medio Rural tralas obras de reforma e ampliación que nela se levaron a cabo cun orzamento de 389.420 euros. Deste investimento, AGADER subvenciona o 85%.
TURISMO E CULTURA
Curtocircuíto inaugura a exposición ANIMAR
A partir do sábado 11 de outubro, a galería Zona C acolle a exposición ANIMAR, que chega a Santiago a través de Curtocircuíto, o Festival Internacional de Curtametraxes.
CULTURA E CENTROS SOCIOCULTURAIS
O teatro de títeres en Asia protagoniza unha exposición no CSC das Fontiñas dentro de Galicreques 2008
Títeres en Asia é o nome dunha fermosa exposición que se pode ver no Centro Sociocultural das Fontiñas ata o martes 14 de outubro.