URBANISMO
Sánchez Bugallo: "O número de vivendas construídas en Santiago en 2008 non só non vai baixar, senón que aumentará de forma significativa"
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, analizou na súa rolda dos venres o contido da súa entrevista cos promotores inmobiliarios de Compostela. Fronte á preocupación destes pola ralentización do ritmo de construción, indicou que "o número de vivendas construídas en Santiago en 2008 non só non vai baixar, senón que aumentará de forma significativa; só que este crecemento se concentrará nos sectores de vivenda protexida e de prezo taxado".
ALCALDÍA
Compostela liderará un proxecto europeo sobre cidades intelixentes
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidirá o luns 17, en Rennes (Francia), a Comisión Executiva da Conferencia de Cidades do Arco Atlántico (CCAA). Na mesma renderase homenaxe ao alcalde desta vila francesa, Edmond Hervé, impulsor deste grupo de cidades europeas, que deixa o seu cargo en marzo de 2008.
MERCADOS
Carlos Nieves estréase como presidente dos mercados gandeiros españois na súa Asemblea Xeral
O Auditorio de Galicia acolleu a Asemblea Xeral da Asociación Española de Mercados de Gando (ASEMGA). O concelleiro de Mercados, Carlos Nieves, foi o anfitrión desta xuntanza, como novo presidente da entidade.
ALCALDÍA
Recoñecemento municipal ao traballo da Asociación do Traxe Galego
Os integrantes da Asociación do Traxe Galego foron recibidos polo alcalde, nun acto que serviu para recoñecer o labor desta entidade na defensa do traxe. A súa presidenta, Pilar Domínguez, encabezou a delegación e unha vez máis mostrou todo o seu entusiasmo na defensa desta prenda.
ALCALDÍA
O alcalde agradece o seu labor aos traballadores das empresas de servizos municipais
Como cada ano, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi aos traballadores das empresas de servizos municipais. A todos eles agradeceulles o traballo realizado durante o ano e desexoulles un feliz Nadal.
ALCALDÍA
O alcalde afirma que a nova autovía Santiago-Brión "contribuirá a nuclear a comarca"
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañou á conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, María José Caride, nunha visita ás obras da autovía AG-56 entre Santiago e Brión. As obras avanzan a bo ritmo, co obxectivo de que a estrada poida entrar en servizo en febreiro de 2008.
DEPORTES
A Fundación Compostela Deporte repartiu axudas por 100.000 euros a 75 clubs federados
O Hotel Puerta del Camino acolleu a III Gala do Deporte Compostelán, na que se homenaxeou á Venatoria polo seu 75 aniversario e ao ex atleta e plusmarquista Ángel Calle. Previamente, Fundación Compostela Deporte repartiu as Axudas 2007 entre 75 clubs federados composteláns, que recibirán un total de 100.000 euros. Igualmente abonou o primeiro prazo do Plan Deporte e Vida "PIDEVI" ás 58 entidades deportivas da cidade adscritas ao programa por un total de 23.200 euros (400 euros para cada unha).