TRANSPORTE E MEDIO AMBIENTE
O alcalde anima aos escolares composteláns a utilizar a bicicleta como medio de transporte
Sogama, en colaboración co Concello de Santiago, pon en marcha unha campaña de concienciación e sensibilización escolar sobre a promoción do transporte limpo, especialmente do uso da bicicleta.
CULTURA
O "Réquiem" de Duruflé no Auditorio de Galicia
Trátase dun dos concertos máis espectaculares da temporada, coa Real Filharmonía ao completo, o coro Collegium Compostellanum e as voces de Andreas Scheibner e Stephanie Houtzell, todo baixo a batuta de Maximino Zumalave. O xoves 29 de novembro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.
TURISMO
O Fórum Gastronómico Santiago’08 reunirá aos mellores profesionais da cociña actual
Durante unha semana Santiago de Compostela converterase na principal referencia gastronómica de Europa coa presenza dos grandes cociñeiros do panorama culinario actual. O Fórum Gastronómico Santiago’08. As cociñas do Atlántico, que terá lugar entre o 16 e o 20 de febreiro de 2008, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galiciaa, congregará a expertos como Ferran Adrià, Vitor Sobral, Paul Cunningham, Seiji Yamamoto, Stephane Buyens, Koldo Miranda, Jordi Roca, René Redzepi ou os membros do Grupo Nove,...
AEROPORTO
Unha UTE construirá en 26 meses a nova terminal de Lavacolla
A UTE formada por Corsán-Corviam Construcción, Copcisa e Teconsa será a encarga de construír a nova terminal aeroportuaria de Lavacolla. AENA anunciou a adxudicación a esta unión de empresas da obra, que fixa un prazo de 26 meses, polo que o edificio podería estar rematado na primavera de 2010. A oferta da adxudicataria ofrece un orzamento de 125.836.820 euros, o que supón unha rebaixa do 26,62% sobre o orzamento inicial.
MEDIO AMBIENTE
Máis de 60 persoas traballan no operativo para recuperar os visóns soltos en San Marcos
A concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, Elvira Cienfuegos, manifestou o seu rexeitamento ante solta indiscriminada de visóns acontecida na madrugada do mércores 28 en San Marcos. Hai que lembrar que os visóns son unha especie moi voraz e no noso medio actúan como depredadores e invasores.
ALCALDÍA
O Comité Confederal da UGT reuniuse por primeira vez en Santiago
A cidade de Compostela foi a sede, por primeira vez, da reunión do Comité Confederal da UGT, o seu máximo órgano de decisión entre congresos.