XUNTA DE GOBERNO LOCAL
A Xunta de Goberno aproba axudas para a rehabilitación de vivendas no Casco Histórico por valor de 62.000 euros
O goberno municipal deu o visto bo, na sesión da Xunta de Goberno do luns 12 de novembro, á concesión de axudas para a rehabilitación de seis vivendas e un local comercial no Casco Histórico. Foi un dos puntos máis relevantes dunha xuntanza na que tamén se acordou poñer a disposición da Xunta de Galicia unha parcela en Pontepedriña na que se construirá un centro de ensino de primaria.
ALCALDÍA
O Concello cederá á ONG Ternura un local para os pais de nenos oncolóxicos
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu no Pazo de Raxoi a representantes da ONG "Ternura, asociación de axuda ao neno oncolóxico" para falar da posibilidade de que o Concello facilite un local na cidade no que poidan pernoctar os pais e familiares dos nenos hospitalizados de longa duración.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Promoción Económica imparte de xeito gratuíto catro cursos de formación para o emprendemento
Mañá, 13 de novembro, remata Xestión Tributaria, o primeiro dos catro Cursos de Formación para o Emprendemento impartidos pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo de xeito gratuíto, no marco do programa Compostela Activa 2007. A través desta acción formativa as/os alumnas/os puideron coñecer as obrigas fiscais ás que debe facer fronte a/o pequena/o empresaria/o.