CULTURA
O Premio"Antonio Fraguas" renova o seu compromiso co coñecemento do traxe galego
A Asociación do Traxe Galego convoca a XIII edición do Premio de investigación "Antonio Fraguas" sobre o traxe tradicional galego, o único destas características que se realiza en Galicia. Os gañadores coñeceranse na primeira quincena do mes de decembro e recibirán o seu premio nun acto no Salón Nobre de Raxoi.
TRANSPORTES
Carlos Nieves toma posesión coma conselleiro de Tussa
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu o Consello de Administración da Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano (Tussa). No mesmo produciuse a incorporación do agora concelleiro de Transportes, Carlos Nieves, como novo conselleiro, en substitución de Francisco Candela.
SERVIZOS
Boisaca rexistrou 361 inhumacións e 35 incineracións ata outubro
Nos nove primeiros meses de 2007, o cemiterio de Boisaca rexistrou un total de 361 inhumacións e 35 incineracións. Na totalidade do 2006 realizáranse 398 inhumacións e 41 incineracións. O mes con maior número de defuncións foi xaneiro, mentres xullo foi o de menos.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Compostela únese unha campaña máis á Olimpiada Solidaria de Estudo
A V OIimpiada Solidaria de Estudo terá lugar entre o 5 de novembro e o 5 de decembro de 20007. Os centros socioculturais da Trisca, Conxo, Vite e Fontiñas, así como 12 centros universitarios participarán nesta campaña en Compostela. A nosa cidade é a que máis salas habilitará en Galicia, e a nosa comunidade é a que máis achega no conxunto de España (169) tras Madrid.
EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música recompila nu CD as súas tomas falsas
Os profesores e alumnos da Escola Municipal de Música veñen de levar a un CD as súas tomas falsas, que reflicten o traballo e o bo ambiente que preside esta institución académica. A presentación de "Tomas falsas" tivo lugar durante o concerto co que a Escola abriu o curso.