ALCALDÍA
O Concello contratará os estudos para a posible implantación do mini-metro
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou que en breve se van contratar os estudos para avaliar as alternativas e a viabilidade da implantación de mini-metros ou metros lixeiros en Compostela. Neste sentido, tomou nota dos modelos de cidades como Perugia ou Asissi na súa recente visita ás mesmas.
CULTURA
A música galega tamén triunfou no Metropolitan de Nova York
O segundo dos concertos que o Orfeón Terra a Nosa e a Capela Compostelana están a dar nos Estados Unidos, celebrouse no Metropolitan, o museo de arte moderna de Nova York. En concreto foi nos exclusivos Cloisters, unha rama do museo dedicada a arte e arquitectura medieval europea. Foi un concerto de música vocal da Catedral de Santiago no que, durante máis de unha hora, se escoitaron pezas músicais incluidas no Codex Calixtinus e música dos seculos XVI e XVII.
TURISMO
Compostela será a capital mundial da curtametraxe do 16 ao 20 de outubro
"Curtocircuíto" converterá a Santiago de Compostela do 16 ao 20 de outubro no escaparate mundial da curtametraxe, con dúas citas de excepción, a Sección Oficial, na que se presentaron 2.695 curtas, das que foron seleccionadas a concurso 135 (9 delas galegas), e o II Mercado Internacional de Curtametraxe, que conforma un catálogo de 2.883 obras (con máis de medio centenar procedentes de Galicia) que serán visionadas por profesionais de todo o mundo.
TURISMO
Os hoteis da cidade rexistraron case 100.000 pernoctacións en setembro
No mes se setembro producíronse nos hoteis composteláns 99.046 pernoctacións, isto é, 23.020 noites de aloxamento máis que no mesmo mes do 2006 e 30.881 máis que no mesmo período do 2005. A cifra supera incluso en 25.930 noites a marca rexistrada no Ano Santo 2004.
CONSORCIO
Recta final para as obras do Parque de Belvís
A limpeza e acondicionamento do parque urbano estarán rematados a primeiros de decembro trala aprobación do proxecto reformado elaborado polos arquitectos directores de obra.
ALCALDÍA
Eugenio Granell na súa dimensión política
O 70 aniversario do asasinato do político Andreu Nin e a recuperación de memorias históricas do POUM (Partido Obrero de Unificación Marxista) en outono 2007 son as razóns que motivaron á Fundación Eugenio Granell a organizar a exposición "Eugenio Granell militante do POUM".
POLICÍA LOCAL
O xefe da Policía Local é galardoado coa medalla ao mérito da Garda Civil
Norberto Villaverde, xefe da Policía Local do Concello de Santiago de Compostela recibiu o mércores 11 de outubro, a "Cruz de la Orden del Mérito del Cuerpo de la Guardia Civil", nun acto que tivo lugar no Pazo de Mariñán.
CULTURA
Unha exposición sobre o Camiño de Santiago percorrerá varias cidades norteamericanas
Continúa a visita institucional que o concelleiro de Cultura, acompañado polo director-xerente do Auditorio de Galicia, Pablo Rodríguez, e de membros da Dirección Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, está a facer aos Estados Unidos. Na última xornada a comitiva desprazouse a Williamsburg, onde inauguraron a exposición fotográfica sobre o Camiño, "Sacred Steps". Esta exposición fora xa presentada en marzo con motivo da reunión da asociación de amigos do Camiño en Norteamérica, pero...
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O programa da II Xornada Emprende en Compostela ofrece catro paneis de experiencias e tres obradoiros para o emprendemento
Nove empresas, dúas entidades financieiras e dúas empresarias participarán na II Xornada Emprende en Compostela, organizada pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, no marco do programa Compostela Activa.
URBANISMO
O alcalde e o director xeral de Urbanismo marcan a folla de ruta para aprobar definitivamente o PXOM antes de seis meses
O alcalde, Xosé A.Sánchez Bugallo, mantivo o xoves 11 unha reunión co director xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia, Ramón Lueje Espina; co subdirector de Urbanismo, José Luis Álvarez Vicente; coa concelleira de Urbanismo e Vivenda do Concello, Mercedes Rosón; e coa xefa de área, Berta Rosón.