CIDADE
O alcalde aposta por preservar o modelo de cidade de convivencia
"As cidades son un reflexo da sociedade e das necesidades do ser humano", sinalou o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, a propósito dos cambios das urbes e da temática do novo curso que vén de abrirse en Compostela, titulado "Mutacións urbanas". Na súa opinión,"a cidade é unha realidade viva, na que hai que defender o espazo público como espazo de convivencia".
EDUCACIÓN
As aves verifican a boa saúde ambiental de Santiago
Con motivo da celebración do Día Internacional das Aves, o xoves 5 de outubro, a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), en colaboración co Departamento de Educación e Mocidade, organizan un programa de actividades. O obxectivo é contribuír a unha maior sensibilización da poboación de Compostela sobre o medio, neste caso arredor das aves.
MULLER
Clara Campoamor contará cunha rúa en Compostela
"Tedes o dereito que vos deu a lei, a lei que fixestes vós, pero non tedes o dereito natural fundamental que se basea no respecto de todo ser humano, e o que facedes é detentar un poder; deixade que a muller se manifeste e veredes como ese poder non podedes seguir detentándoo...". Estas palabras foron pronunciadas por Clara Campoamor o 1 de outubro de 1931. Ese día, as Cortes aprobaron o dereito ao voto das mulleres, que quedaría recollido no artigo 36 da Constitución da II República. 75 anos despois, a cidade de Santiago homenaxea a...
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia abre a tempada 2006/07 na Catedral de Santiago
Por segundo ano consecutivo, a Real Filharmonía de Galicia estrea a tempada de abono do Auditorio de Galicia cun concerto gratuíto na Catedral de Santiago, con Hansjörg Schellenberger como director invitado e Esther Viúdez como solista de óboe, interpretando a Sinfonía núm. 26 "Lamentatione", de F. J. Haydn, o Concerto para óboe en Do maior, KV 314, de W. A. Mozart, e a Sinfonía núm. 4 en do menor, D. 417 "Tráxica", de F. Schubert. A cita é o venres 29, ás 21:00 horas.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Éxito de participación e de resultados na rolda empresarial entre empresarios galegos e latinoamericanos
As 20 empresas latinoamericanas que participaron na rolda de negocios retornaron para os seus países de orixe cunha satisfactoria visión da nosa cidade e cun alto grao de coñecemento da nosa realidade económica e do noso tecido produtivo. Así o indicou o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, quen dixo que os empresarios levan a imaxe dunha Compostela "dinámica, innovadora e con peso económico".
TURISMO
A ampliación do "hub" de Air Berlín facilitará o tráfico aéreo cara a Compostela
O concelleiro de Turismo compostelán, Francisco Candela, visitou en Palma de Mallorca a nova terminal de distribución de Air Berlin, que permite a conexión de voos en 45 minutos e mellorará o tráfico aéreo entre o aeroporto de Lavacolla e 25 destinos de Europa Central.
FUNDACIÓN GRANELL
Nova entrega do ciclo "Xoves poéticas surrealistas" na Fundación Granell
O xoves 5 de Outubro, ás 19:00 horas, inaugúrase na Fundación Granell unha nova entrega do ciclo "Xoves poéticas surrealistas", coa exposición da artista franco -estadounidense María Chenut, "Primavera en Outono" que permanecerá aberta ata o 6 de novembro
CULTURA
O arquivo fotográfico de Julio Cortázar exhíbese en Compostela
Parte do rico arquivo fotográfico do escritor arxentino Julio Cortázar, doado á Xunta de Galicia pola primeira esposa do escritor, Aurora Bernárdez, poderá contemplarse ata o 19 de novembro en Compostela. A exposición "Ler imaxes: o arquivo fotográfico de Julio Cortázar" conta con cinco seccións, que constitúen unha completa aproximación á vida do autor: Viaxes, Cartas, Fotografía, Cine e Música. A mostra foi inagurada nun acto no que, entre outros, participaron o presidente da Xunta,...
PLENO MUNICIPAL
O Pleno municipal aproba inicialmente a nova Ordenanza de convivencia, residuos e limpeza urbana
A nova Ordenanza de residuos e limpeza viaria foi aprobada inicialmente polo Pleno municipal, cos votos favorables do grupo de Goberno e a abstención do Partido Popular. A nova norma substitúe á vixente na actualidade, do ano 1989, adaptándose á realidade social de hoxe. Recolle aspectos como o botellón ou a limpeza das zonas próximas a masas forestais e incremente o capítulo de sancións.