DEPORTES
As bicicletas sairán de novo á rúa
O domingo 24 de setembro celebrarase o XVIII Día da Bicicleta. Os composteláns sacarán de novo as súas bicicletas á rúa, nunha homenaxe a este medio de transporte convertida en xornada de convivencia e de lecer, sen ningún ánimo competitivo.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo asiste ao concerto da Real Filharmonía de Galicia no Teatro Avenida de Bos Aires
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, continúa coa súa viaxe a Bos Aires, onde asistiu ao concerto da Real Filharmonía de Galicia no Teatro Avenida desta cidade. Foi un concerto multitudinario, no que a orquestra recibiu o recoñecemento unánime do público arxentino pola súa interpretación de temas de Juan Durán e Manuel de Falla.
TEMPORAL
Protección Civil recomenda precaución ante o temporal que se achega a Galicia
Os restos do ciclón "Gordon" comezarán a deixarse notar en Santiago o mércores pola tarde e acadarán a súa maior forza na xornada do xoves. Desde Protección Civil recoméndase precaución e ofrécense algúns consellos de utilidade, tales como camiñar preto das fachadas dos edificios e evitar pasar á beira de inmobles en ruínas ou en obras.