EIXO ATLÁNTICO
Os VI Xogos do Eixo Atlántico chegan á súa recta final
Os participantes asistirán ao pregón das Festas do Apóstolo e ao concerto de David Bustamante, acto que servirá como Clausura Oficial dos Xogos.
EDUCACIÓN
Vinteseis rapaces de Santiago disfrutarán dunha estadía na Limia
O venres 15 de xullo, vinteseis rapaces composteláns partirán cara Lodoselo (A Limia), para disfrutar dunha estancia no Albergue "O Viso", que foi casa rectoral de labranza. Trátase dunha actividade ofertada polo Departamento de Educación e Mocidade do Concello, dentro do seu programa educativo e de lecer do verán.
ALCALDÍA
Os directores dos Institutos Cervantes visitan o Concello
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, fixo entrega ao Instituto Cervantes de Atenas, que nomeará a unha das súas Aulas "Santiago de Compostela", dunha fotografía orixinal de Tino Viz.
CULTURA
A Concellería de Cultura e a Sala Yago asinan un convenio de colaboración
A Concellería de Cultura e a Sala Yago veñen de asinar un convenio a través do cal o Concello de Santiago achegará 18.000 euros para colaborar na realización das actividades que se enmarcan nos programas Títeres no Yago, Títeres para a Escola, Teatro no Yago e Teatro para o ensino medio.
URBANISMO
Continúan as xuntanzas sectorais do PXOM
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e os técnicos municipais de Urbanismo continúan o programa de pormenorizada exposición e debate do Plan Xeral do Ordenación Municipal con xuntanzas sectoriais.
FESTAS
O Día do Traxe Galego chega á súa 27ª edición
O Concello anima a participar especialmente a todas as persoas maiores e nenos que poidan dispoñer dun traxe tradicional para saír ás rúas de Compostela o maior número de xente posíbel.