AUDITORIO DE GALICIA
Gustav Leonhardt ofrecerá un concerto para descubrir os contemporáneos de Bach
O vindeiro xoves, 26 de maio o clavecinista Gustav Leonhardt actuará ás 21 horas no Auditorio de Galicia interpretando obras de J. A. Reinken, D. Buxtehude, J.J. Froberger, Anónimo, G. Leroux e J. S. Bach. As entradas, dun prezo de 9 euros, poñeranse á venda o día 25 de maio e o mesmo día do concerto no despacho de billetes do Auditorio de Galicia de 12 a 14 e de 17 a 20 horas. Tamén estará aberto o servizo de venda telefónica nos teléfonos 981 57 10 26 e 981 57 39 79.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Fontiñas celebrará por todo o alto a súa IV Semana Cultural
Desde o 30 de maio ao 4 de xuño, o Centro Sociocultural das Fontiñas programa múltiples actividades dentro da súa IV Semana Cultural, que se abrirá cun concerto de Kamelamos Guinar.
EIXO ATLÁNTICO
As cidades do Eixo Atlántico implantarán un sistema de información xeográfico por internet
A Comisión Delegada do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, da que é vicepresidente o alcalde compostelán, Sánchez Bugallo, reuniuse no Auditorio de Galicia co fin de implantar un Sistema de información Xeográfico nas cidades que forman parte desta organización.